31 oct 2011

Samaín e Halloween

Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e, con el do ano vello, e o comezo do inverno e, con el, do ano novo. Igualmente, o Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.
Coincidía así, nesta noite do 31 de outubro ó 1º de novembro, a festa do paso dun ano a outro, co momento da apertura ás ánimas do outro mundo.
Pero outras fontes dan unha explicación contraria. A chegada das ánimas nesta noite representaba un potencial perigo do que se defendían colocando sobre os muros ou nos vaos das paredes as caveiras dos seus inimigos, para que as ánimas que puidesen vir non se achegase ós castros nin ás casas. Dentro desas caveiras colocaban unha candea de sebo acesa.
Web de recursos doslourdesDisque, nestas mesmas datas, prendíanse lumes sagrados e que con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas. Estas fogueiras tamén podían cumprir o obxectivo de guiar os mortos na escuridade da noite e facilitarlles asi que atopasen os seus fogares e os seus parentes.
Afírmase que polo samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño para pórlles dentro candeas, e esta tradición, conservada en Irlanda, puido ter sido exportada aos Estados Unidos de América polos irlandeses coas migracións a este país no século XIX e comezos do XX. De ser así, a tradición tería continuidade nas festas de Halloween, do que sería o seu precedente, nunha adaptación do samaín na cultura estadounidense, semellante a un entroido, na que os nabos foron substituídos por grandes cabazas. Co paso do tempo, a influencia cultural estadounidense no resto do mundo conseguiu que o Halloween regresase a Europa para converterse nunha festividade cada vez máis popular.
       

29 oct 2011

O esqueleto

Hai un novo alumno na aula de terceiro?
Penso que non, xa que o noso novo "compañeiro" é un esqueleto articulado que nos axuda a estudar ben os ósos.
Os ósos son uns órganos ríxidos e resistentes que forman o esqueleto, o cal sostén o peso do corpo. Un exemplo de óso curto é a vértebra, de óso plano o esterno e de óso longo o fémur.

Ovo de avestruz

Un ovo de avestruz equivale a 24 ovos de galiña. Pode chegar a pesar 2 Kg. O seu valor é de 30 euros, e cociñado con patacas é de 60 euros. Hai que preparalo nunha paelleira.
(Información e ovo aportados por Alba Román)

A avestruz é unha ave corredora da familia dos estruciónidos, orixinaria de África,e está considerada a ave máis grande do planeta. Presenta unha cabeza pequena e pelada, cos ollos grandes e o bico ancho e aplanado de forma triangular. Ten as patas moi longas, e é a única ave con dous dedos en cada pé. Pode chegar a medir até dous metros e medio de altura e non dá voado.

26 oct 2011

A dieta saudable

Aproveitando que en Coñecemento do Medio estamos a traballar o tema da saúde, convén lembrar...
Unha dieta saudable debe ser equilibrada (proporciona a cantidade adecuada de cada nutriente) e suficiente (proporciona a enerxía que necesitamos, pero non máis).
Debemos tomar moita froita e verdura e alimentos con hidratos de carbono, mellor se son integrais. Non debemos abusar de doces e pasteis, carnes vermellas e graxas de orixe vexetal. E debe ir acompañada de moita auga e exercicio.
Non esquecer tamén que os hábitos saudables axúdannos a coidar a nosa saúde (a hixiene, o descanso, o deporte, a postura correcta e a alimentación saudable).

24 oct 2011

Ler, un deporte para tod@s

Moitas grazas ao noso alumnado e ás familias do noso ciclo e de todo o centro pola participación e polos marabillosos traballos realizados. Aquí tedes unha pequena mostra, pero se queredes ver a totalidade podedes visitar a exposición no noso colexio ou ir á http://www.blogoteca.com/orecantodemik/




Cool Slideshows

23 oct 2011

Aniversario Nominación Xogos Olímpicos Barcelona 1992

Como este curso será moi Olímpico, aí van uns interesantes apuntamentos.
O pasado 17 de outubro fixo 25 anos que Barcelona foi nomeada sede dos XXV Xogos Olímpicos.
Estas Olimpíadas foron realizadas en Barcelona, Cataluña, terra natal do entón presidente do Comité Olímpico Internacional, Juan Antonio Samaranch, entre o 25 de xullo e o 9 de agosto de 1992 coa participación de 9.356 atletas de todos os países afiliados ao COI, 169 estados, por primeira vez dende os Xogos de Múnich en 1972.
Dende os Xogos anteriores, en 1988, o mundo testemuñou importantes mudanzas políticas. O Apartheid foi abolido en Sudáfrica. Coa caída do Muro de Berlín en 1989, Alemaña voltou a participar como un só estado. A URSS foi dividida en quince países independentes, que participaron como  Comunidade de Estados Independentes (Equipo Unificado). As repúblicas bálticas de Estonia, Letonia e Lituania participaron baixo a súa propia bandeira como nacións independentes.
O desmembramento de Iugoslavia levou a Croacia, Bosnia e Hercegovina e Eslovenia a participaren cos seus propios equipos nacionais.
A cerimonia de apertura dos Xogos, presidida polo Rei Xoán Carlos I, contou coa entrada da delegación española levando á cabeza ao propio Príncipe de Asturias, Filipe de Borbón, integrante do equipo español de Vela. A pira olímpica, nun efecto visual espectacular, foi acesa por unha frecha con lume disparada polo arqueiro parapléxico Antonio Rebollo.


Cadro de MedallasOlympic rings.svg
PosiciónPaís  Gold    Silver    Bronze  Total
1Olympic rings.svg Equipo Unificado453829112
2Flag of the United States.svg EUA373437108
3Flag of Germany.svg Alemaña33112882
4Flag of the People's Republic of China.svg China16221654
5Flag of Cuba.svg Cuba1461131
6Flag of Spain.svg España137222
7Flag of South Korea.svg Corea do Sur1251229
8Flag of Hungary.svg Hungría1112730
9Flag of France.svg Francia851629
10Flag of Australia.svg Australia791127

21 oct 2011

Mochilas viaxeiras






    Hoxe o noso alumnado fixo o primeiro relevo das mochilas viaxeiras. Disfrutade todos e todas do seu contido.


     

19 oct 2011

O camaleón

Camaleón (familia Chamaeleonidae) reférese a unha familia de réptiles escamosos, é unha das máis coñecidas familias de lagartos. Hai preto de oitenta especies de camaleóns, a maior parte delas en África, no sur do Sáhara.
Os camaleóns son famosos pola súa habilidade en trocar de cor conforme ao ambiente, pola súa lingua rápida e alongada, e polos seus ollos, que poden ser movidos independentemente un do outro.
O nome "Camaleón" significa "león da terra", e é derivado das palabras gregas Chamai ("na terra, no chan") e leon ("león").
É un lagarto bastante antigo, xa que hai rexistros fósiles de camaleóns desde períodos tan distantes como o Terciario.

14 oct 2011

Frascos de sal de cores

Pouco a pouco van collendo forma. A verdade que están quedando moi ben!
Excelente resultado final