30 ene. 2012

O Segundo Ciclo no Día da Paz








O alumnado de terceiro e cuarto tivo parte activa  ao igual que as outras aulas nas actividades de celebración do Día da Paz no noso centro. Levamos  o noso medallón pola Paz. Aixa, de 4º, participou na carreira de relevos, subiu ao podio e leu o compromiso de traballo de investigación correspondente ao noso ciclo (cidades e países  sede dos Xogos Olímpicos).   Despois o facho Olímpico foi pasando polas mans de todos e todas ata acabar cun baile final "o xogo da Carrasquiña".


Visita http://www.blogoteca.com/orecantodemik/   e terás moita máis información.

28 ene. 2012

Día da Paz e Paz Olímpica

Cada ano desde 1964, o día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, en conmemoración da morte de MAHATMA GANDHI. 

Para conmemorar o Día da Paz, o alumnado do Segundo Ciclo realizou unha serie de actividades moi interesantes.
Podedes atopar unhas excelentes poesías realizadas polo alumnado de terceiro nun taller de poesía "POR UN MUNDO MELLOR, e as Pombas da Paz (fíxádevos o que levan no seu peteiro) con bandeiras de diferentes países do noso Planeta coa palabra PAZ nos seus correspondentes idiomas feitos polos nenos e nenas de terceiro e cuarto.




PAZ OLÍMPICA

Durante a celebración dos Xogos Olímpicos da antigüidade as guerras suspendíanse temporalmente para que os deportistas se desprazasen a Olimpia e participasen nas diferentes competicións en paz. Isto recibía o nome de Paz Olímpica ou Tregua Olímpica. A cidade de Olimpia tiña estatus de territorio neutral. Os representantes dos diversos pobos podían participar e incluso había reunións para negociar a Paz.

27 ene. 2012

A clase de cuarto no horto escolar


O alumnado de cuarto estivo plantando repolos e allos porros o pasado mércores 25. Co seu interés, ilusión e traballo haberá uns resultados estupendos.


REPOLOS
O repolo é unha planta comestible da familia das brasicáceas. É unha herbácea cuxas follas poden ser ovais, oblongas, lisas, rizadas ou circulares dependendo da súa variedade, e forman un ollo compacto moi característico.
As diferentes variedades foron obtidas a partir da especie silvestre, conocida xa dende hai séculos, a través dos cruces e da selección para adaptalas a condicións climáticas diferentes.
O seu cultivo como verdura destinada á alimentación humana e animal remonta á antigüidade.
O repolo é rico en vitaminas C, A, calcio e β-caroteno, ademais de ter un alto contido de fibra.

ALLOS PORROS
O allo porro ou simplemente porro é da familia das liliáceas. É orixinaria de Europa e Asia Occidental.  A planta do porro ten follas alongadas e lanceoladas e un pequeno bulbo branco e alongado do que lle saen unha serie de raíces.
O seu sabor é máis suave ca unha cebola, co seu sabor característico.
A parte comestible son os bulbos e as follas, pero tamén poden selo as flores en ensaladas.

26 ene. 2012

A materia e os materiais

A MATERIA
Todos os obxectos do Universo están formados por materia. Cada tipo diferente de materia é unha substancia.


Todos os corpos teñen dúas propiedades: a masa e o volume.


A materia pode presentarse en tres estados: sólido, líquido ou gasoso. Experimenta diversos cambios: mesturas, cambios de estado ou cambios químicos.


OS MATERIAIS
Os materiais son as substancias que empregamos para fabricar todos os obxectos.


Os materiais poden ser naturais ou artificiais. Os naturais poden ser de orixe animal, como o coiro; vexetal, como o liño e a madeira; ou mineral, como o petróleo. Os artificiais fabrícanse a partir de materiais naturais e algúns exemplos son o aceiro e o papel.


Cada material ten unhas propiedades que fan que sirva para certos usos.

23 ene. 2012

Ano novo chinés

Hoxe empeza o ano novo chinés,  o ano do dragón, signo propicio no terreo persoal e profesional, e para ter  fillos, según os chineses.
Año del Dragón, Acceso libre blog wordpress
O Aninovo é o primeiro día do primeiro mes do calendario chinés, o primeiro de Lúa Nova que por convención determínao o Observatorio da Montaña Púrpura de Nankín, e a festa do Ano Novo finaliza o decimoquinto día, que recibe o nome de Festa das Lanternas. A orixe do Ano Novo Chinés pérdese no tempo e está mesturado con múltiples mitos e tradicións.
Dentro da China, os costumes e tradicións varían segundo a rexión pero en xeral nesta época mércanse agasallos, tamén é tradición limpar a casa para arredar o infortunio, decorar xanelas e portas con anacos de papel vermello e con lemas sobre a felicidade, a saúde e a lonxevidade. Na véspera do aninovo, equivalente á noitevella occidental, celébrase a cea con toda a familia, o que provoca o maior movemento de poboación do planeta ó se mover de poboación millóns de persoas para estar cos seus, tradicionalmente nesa noite cómese porco, pato, galiña e diversas larpeiradas doces, a familia rematará a festa con foguetes. Na mañá do aninovo os nenos deséxanlles a seus pais un bo e saudable aninovo, e reciben diñeiro en sobres de papel vermellos.

22 ene. 2012

Imos plantar cebolas

O alumnado de 4º plantou cebolas no horto o venres 20 de xaneiro. Co profesionais que son, seguro que haberá unha gran colleita.

A CEBOLA
Cebola é o nome vulgar da planta co nome científico de Allium cepa. É orixinaria de Asia Central. Durante a Idade Media empregábase tanto gastronomía como na farmacopea. En sistemas taxonómicos máis antigos pertencía á familia das Liliáceas e subfamilia das Alioídeas, mais os taxonomistas máis recentes inclúena na familia das Alliaceae. O termo refírese tamén ao seu bulbo, constituído por follas escamiformes, en capas. As súas flores están dispostas en forma de quitasol. As plantas novas, co bulbo pouco desenvolvido e sen flor, chámanse tamén co nome de cebolo ou ceboliño.
Para o seu cultivo precisa de solos ricos en materia orgánica, sans, profundos, soltos e non calcáreos. É unha planta que prefire climas temperados non húmidos.


O principal produtor de cebola é México. Cultivase principalmente nos países europeos do mediterráneo e tamén nos países árabes. Ceboliña: existen dous tipos das chamadas ceboliñas: Allium fistulosun e Allium schoenoprasun diferentes da Allium cepa.

20 ene. 2012

El hámster

Moitas grazas a Andrea e Mario por este estupendo traballo de investigación e pola súa exposición.

La mayoría de estos animales viven en desiertos y estepas, espacios vitales que solamente proporcionan comida abundante durante un período corto. El resto del año hay muy pocos alimentos, por eso tienen grandes abazones en los que pueden transportar gran cantidad de comida, como si fuesen al supermercado y trajesen bolsas llenas y lo guardaran en almacenes subterráneos.

Mario e Andrea de 4º
ALIMENTACIÓN
Se alimentan de cereales y semillas, con esto cubren las necesidades de hidratos de carbono y fibra, fruta como manzana, pera o plátano y verdura como apio, remolacha roja, judías maíz, patatas y calabacín para satisfacer la necesidad de líquidos y vitamina.

COSTUMBRES
Generamente son más activos en horas nocturnas, permaneciendo dormidos durante buena parte del día. Son animales solitarios, no siendo aconsejable que vivan en parejas del mismo sexo, ya que son muy territoriales y podrían llegar a agredirse, e incluso a provocarse la muerte. En algunos otros momentos también existe la posibilidad de que agredan a otro hámster del sexo opuesto, sobre todo en el caso de las hembras que se encuentran en época de celo o parto, pues aunque sea su pareja de cortejo, buscará proteger a sus futuras crías del ataque de otros. Esto último depende del carácter de la hembra, el cual será, como en la mayoría de los casos, muy agresivo.
Tienen por costumbre hibernar, aunque es raro que lo hagan en estado de cautividad. La hibernación dura, aproximadamene, una semana. Durante este proceso parece como si el animal estuviese muerto, pero en realidad duerme plácidamente. Durante este período suelen cambiar impresionantemente el color de su pelo, haciéndose bastante más claro. El proceso de cambio de color del pelaje puede alcanzarse en poco más de 16 horas. Pero si están en cautividad es posible que su pelaje no cambie de color.

Lucas é o hámster dos irmáns Sergio e Andrea
CARACTERÍSTICAS
El hámster ruso es de pequeño tamaño, con 8-12 cm. de longitud y unos 50 a 90 gramos de peso, de cola muy corta y cuerpo rechoncho. es común como mascota, ya que sus cuidados sólo se limitan a la alimentación e higiene de la vivienda. El poco espacio necesario también es considerado un factor idóneo para la estancia en casas de poco tamaño. Es un hámster agradable al que se puede acostumbrar a una rutina de comida e interacción con las personas encargadas de él.
Se trata de un animal generalmente dócil y su esperanza de vida va de promedio de los 2 a los 2,5 años, aunque puede llegar a vivir excepcionalmente 3 ó 4 años.

CLASIFICACIÓN CIENTÍFICA
REINO: animalia                                SUBORDEN: myomorpha
FILO: chordata                                  SUPERFAMILIA: muroidea
CLASE: mamalia                               FAMILIA: cricetidae
SUBFAMILIA: cricetinae                  ORDEN: rodentia
GÉNERO: phodopus                         ESPECIE: P. sungorus

O xogo da carrasquiña

Aquí podemos ver ao alumnado de terceiro e cuarto bailando a canción "o xogo da carrasquiña". Que ben o fan!




19 ene. 2012

Isaac Díaz Pardo

Archivo:Isaac Díaz Pardo no-watermark.JPGIsaac Díaz Pardo, nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e finado na Coruña o 5 de xaneiro de 2012, foi un intelectual e artista galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia. Acometendo facetas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos.

Traxectoria
De pai pintor e escenógrafo (Camilo Díaz Baliño), na súa casa tiñan lugar xuntanzas diversas relacionadas coas Irmandades da Fala. O seu pai foi asasinado cos primeiros movementos da Guerra civil española, o que fixo que Isaac tivera que agocharse ata poder saír de Santiago de Compostela. Pasou logo a traballar como rotulador na Coruña.
A súa condición de supervivente marcou a súa vida cunha misión: lembrar aos mortos e levar a cabo os soños polos que os mataron.
Despois da guerra, cursou entre 1939 e 1942 estudos na Escola de Belas Artes de San Fernando (Madrid). A partir de aí, comezou a súa participación pública en diversas experiencias pioneiras como en 1941 participou na primeira experiencia española sobre deseño industrial, e en 1942 unha viaxe de estudos en Italia. Pasou logo a ter unha praza de profesor na Escola Superior de Belas Artes de Sant Jordi de Barcelona e comezou as exposicións en España e no estranxeiro (Europa e América).
Ao seu regreso inicia, cunha exposición na Coruña, unha etapa de dedicación plena á pintura que abandonaría en 1948, para entregarse por completo a un proxecto de dinamización sociopolítica e empresarial que visaba, por un lado, a modernización e internalización da cultura galega e, por outro, a rexeneración da desartellada historia de Galicia.

Deste xeito abandonou as artes plásticas, pasando á cerámica e fundando con outros socios a fábrica de Cerámicas do Castro no Castro de Samoedo (Sada) (onde o nomearían fillo predilecto), o que repite na Arxentina, onde pasaría trece anos e construiría xunto con outros destacados galeguistas como Luís Seoane o Laboratorio de Formas, precursor doutras actividades de desenvolvemento como as levadas a cabo na Cerámica de Sargadelos, o Museo Carlos Maside, o Instituto Galego de Información, a editorial Edicións do Castro, o Seminario de Estudos Galegos, etc.
Das institucións que este colectivo creou para recuperar a memoria histórica, sería a dirección e administración do Grupo Sargadelos a faceta máis coñecida do intelectual galeguista e a que marcaría os seus derradeiros anos e o seu último fracaso, xa que foi apartado da dirección e da administración do grupo.
Como escritor de ensaio e crítica, destacan Xente do meu Rueiro, O ángulo de pedra, Galicia Hoy (xunto con Luis Seoane), Paco Pixiñas (con Celso Emilio Ferreiro), El Marqués de Sargadelos ou Castelao, ademais dunha morea de artigos en xornais como La Voz de Galicia (onde colaboraría até o 2009).
Ao longo da súa vida recibiu moitas distincións e recoñecementos, coma o Pedrón de Ouro (1976), a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidade de Santiago de Compostela (1988), Premio Otero Pedraio das Deputacións Provinciais (1990), Insignia de Ouro (1991), Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela (1992) e da Universidade da Coruña (2007), Premio Trasalba da Fundación Otero Pedraio (1993), a Vieira de Prata do Patronato da Cultura Galega de Montevideo (1995), a Medalla de Ouro de Galicia e a Medalla ao Traballo (2007) entre moitísimos outros.
Morreu o 5 de xaneiro do 2012 aos 91 anos de idade no Hospital San Rafael na cidade da Coruña.

8 ene. 2012

Os ecosistemas

Os ecosistemas están formados por un conxunto de seres vivos e o medio físico en que viven.
Os ecosistemas poden ser terrestres e acuáticos. Entre os terrestres encontramos bosques, pradarías e desertos. Entre os acuáticos encontramos de auga doce e de auga salgada.


Entre os seres vivos do ecosistema establécense diversas relacións:
* Relacións de alimentación: danse porque uns dos seres vivos se alimentan doutros.
* Relacións de competencia: prodúcense cando dous seres vivos deben satisfacer unha mesma necesidade.
* Relacións de cooperación: ocorren cando dous seres vivos se prestan axuda e os dous se benefician.ecosistema008


Os ecosistemas deterióranse pola contaminación, a deforestación e a sobreexplotación.