29 feb 2012

Visita Alfredo Gómez Cerdá

O luns 27 de febreiro tivemos a honra de contar coa visita deste gran escritor. O alumnado de terceiro e cuarto participou de maneira activa, demostrando o bo traballo feito cos libros lidos. Ao final todos os exemplares foron firmados por el. A verdade é que foi unha mágoa non poder disfrutar da súa estupenda compaña por máis tempo.
Podedes ver máis fotos no Recanto de Mik

 


25 feb 2012

Alfredo Gómez Cerdá

O luns 27 de febreiro teremos o pracer de que veña ao noso centro este gran escritor madrileño autor de dous libros lidos e traballados ao longo destes días nas aulas de terceiro e cuarto.
Podedes consultar a súa biografía no seguinte enlace Alfredo Gómez Cerdá

 NUEVA EDICIÓN:  Madrid, 2005, Ediciones SM (Col. El Barco de Vapor). Il. Jesús Gabán.
  • PREMIO ACCÉSIT “LAZARILLO” 1985.
  • LISTA DE HONOR DE LA C.C.E.I. 1987.
  • Traducido al COREANO. Ed. Junior Joongang Co. Ltd. Seúl, 2007.
Timo es un niño que tiene fama de pegón. Siempre anda solo y no quiere jugar con nadie. Descarga su rabia con las farolas de su calle. Su tío le ha regalado un balón de fútbol con la firma de su jugador favorito y solo cuando lo pierde va a descubrir que él también puede tener amigos.


 Madrid, 1990. Ed. SM. (Col. El Barco de Vapor). Il. Jesús Gabán.
  • Traducido al ITALIANO: Edizioni Piemme (Italia), 1993.
  • Traducido al PORTUGUÉS: Ed. Paulinas, 1996.
  • Edición en USA, Ed. Houghton Miffin, 2003.
  • PREMIO “EL BARCO DE VAPOR” 1989.
  • LISTA DE HONOR DE LA CCEI 1991.
  • PREMIO “IL PAESE DEI BAMBINI” (ITALIA) 1994.
  • “PLACA DE PLATA” DE EDICIONES SM, 1997.
En la ventana de Gil va a aparecer un ejemplar único de mukusuluba, un ser  fantástico que no habla y que se alimenta de papel. Su presencia va a trastocar su vida y la de su familia.

17 feb 2012

Entroido. Tropece quen tropece

Aquí tedes algunhas fotos do impresionante espectáculo no Entroido "Tropece quen tropece" onde o alumnado do segundo ciclo participou como deportistas de ximnasia rítmica e como tenistas xogando ao voleibol. Destacar tamén a participación dos ciclistas, remeiros, soldados da Garda Real, xogadores de baloncesto, animadoras, cabezudos, xinetes, atletas...
Por certo, adiviñades quen son os cabezudos?

Queda claro despois disto que as Olimpiadas realmente naceron en Castrelos.



15 feb 2012

San valentín

O alumnado de terceiro celebrou o Día de San Valentín escribinto cartas a persoas polas que teñen aprecio: amigos e amigas, pais, nais, curmáns, tíos...


13 feb 2012

As forzas e a enerxía

AS FORZAS

As forzas poden actuar por contacto ou a distancia, e poden ser de atracción ou de repulsión.

A forza da gravidade fai que os obxectos sexan atraídos pola Terra.

A ENERXÍA

A enerxía é a causa dos cambios que ocorren no Universo.
Algúns tipos de enerxía son a enerxía mecánica, a química, a calorífica, a eléctrica, a nuclear e a luminosa.

As persoas obtemos a enerxía das fontes de enerxía, que poden ser de dous tipos:

- Fontes de enerxía non renovables. Son o uranio e os combustibles fósiles (carbón, petróleo e gas natural).

- Fontes de enerxía renovables. Son, entre outras, a enerxía do Sol, a do vento, a da auga en movemento e a da leña. 

12 feb 2012

Entroido 2012. Ordes do Mecofacho

Se non queres tropezar as ordes do "Mecofacho" debes acatar.

Orde para o luns:
"Se neste Entroido en forma queres estar,
fai moito deporte e, non esquezas,
unha gorra levar"                                                                                        
Orde para o martes: 
"Unha medalla levarás e Olímpic@ serás"     

Orde para o mércores:
"Unha camiseta traerás do deporte que ti elixirás"

Orde para o xoves:
"Coa túa imaxinación e un antifaz olímpico...
molarás mogollón" 

9 feb 2012

Cidades e países Olímpicos

Aquí tedes o listado de todas as cidades onde se celebraron os Xogos Olímpicos de Verán da era moderna. Só foron interrumpidos polas Guerras Mundiais.
Londres será a primeira cidade que o faga por terceira vez.



Xogos Olímpicos de Verán
Medallas de Londres 2012

4 feb 2012

Fraseoloxía visual galega


Fraseoloxía visual está creada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. Son uns vídeos con fraseoloxía en galego que non axudan a ampliar e mellorar o noso léxico.

1 feb 2012

Camiño da lingua

Camiño da lingua é un proxecto que inclúe probas lingüísticas, culturais ou xogos onde o vínculo é a lingua galega. Trátase dunha actividade do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo dirixida á poboación escolar, neste caso o alumnado de cuarto do CEIP Mestres Goldar.
O taboleiro de xogo simula o coñecido xogo da oca pero tematizado con diferentes monumentos e lugares importantes de Vigo.
As probas abranguen anacos de refráns, trabalinguas, preguntas culturais, o dominó vigués, fotos de antes e agora de Vigo, etc.
A sesión remata cun obradoiro onde escriben a palabra lingua en diferentes idiomas e linguaxes como náutica, chinés, Braille...