25 nov. 2012

CURIOSIDADES NA AULA DE PRIMEIRO

Tres alumnos da aula de primeiro trouxeron unha serie de obxectos interesantes.
Pedro, unhas rochas volcánicas da illa de Lanzarote; Igor, o esqueleto dunha vacaloura e unhas buguinas; e Mario unhas pezas de cerámicas antigas e uns fósiles de trilobites. Toda a clase disfrutou en directo das súas explicacións e  examinando e tocando estes valiosos materiais.





19 nov. 2012

A NATUREZA ENTRA NAS NOSAS AULAS

Noa Conde de 1º trouxo un anaco dun panal dunha colmea. Poidemos ver as celas construídas polas abellas e incluso unha boa cantidade de mel.

Miguel de 2º mostrounos uns fermosos e suaves coelliños. Foi todo un acontecemento para o alumnado.

Moitas grazas ás familias por achegarnos este tipo de experiencias




14 nov. 2012

OBRADOIRO DE IGUALDADE 2º

Camiña con nós pola igualdade é un programa educativo elaborado e implementado dende a Concellería de igualdade do Concello de Vigo, dirixido ao alumnado de Infantil e 2º, 4º e 6º de Ed. Primaria.
A finalidade do programa é fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.


6 nov. 2012

MUSEO DO MAR

O alumnado do Primeiro Ciclo fixo unha interesantísima visita ás instalacións do Museo do Mar, un lugar onde comprender a larga vinculación histórica dos galegos co mar a través do seu aproveitamento e coñecemento.

1 nov. 2012

A CASTAÑA QUE ESTOUPOU COA RISA

Os alumnos e alumnas de primeiro e segundo fixeron un excelente traballo elaborando cada un o seu conto como escritores e ilustradores. Agora xa saben porque as castañas teñen dúas cores.