19 dic 2013

NADAL NO PRIMEIRO CICLO

Realizáronse algunhas actividades relacionadas co Nadal no noso ciclo para decorar os corredores. Aquí tedes algún exemplo delas.







CALENDARIOS PARA O CEIP ILLAS CÍES

A resposta do noso alumnado foi a realización dun calendario personificado para cada un dos alumnos de primeiro e segundo do CEIP Illas Cíes onde aparece sempre un debuxo de cada un xunto con outras ilustracións. 
Seguro que lles gustará!



11 dic 2013

CORREO DO CEIP ILLAS CÍES

Esta semana recibimos un novo correo das aulas de primeiro e segundo do Ceip Illas Cíes coas que, desde o curso pasado mantemos correspondencia. Fixeron uns preciosos murais onde ao levantar cada adorno da árbore aparece o debuxo de cada alumno e alumna e ademais nos felicitan as festas. Agora toca responder. Mandaremos proximamente os nosos traballos.



1 dic 2013

TIPOS DE ALIMENTOS

Neste curso no que estamos co proxecto documental da alimentación, tedes un vídeo moi sinxelo para o alumnado de primeiro e segundo sobre os tipos de alimentos.


18 nov 2013

GASTRONOMÍA CON CASTAÑAS

Hoxe poidemos degustar uns saborosos pratos realizados polas familias do Primeiro Ciclo xunto cos seus fillos e fillas. O ingrediente que non podía faltar era a estrela do magosto, a castaña. Despois de elaborar unhas interesantísimas receitas hai uns días, era o momento de levalas á práctica. TODO UN ÉXITO.
O alumnado de Primaria das outras aulas visitou a exposición e tamén probou algo dos riquísimos postres. Pero quen comeu a base de ben foi o alumnado de primeiro e segundo. Estaba todo riquísimo. Podedes velo a pantalla completa e con música, para iso pasade o rato por abaixo e clicade.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.


14 nov 2013

O SISTEMA SOLAR

Xa que estamos traballando o Universo cos seus planetas, satélites, estrelas, etc.
Tedes debaixo un vídeo que vos vai levar de viaxe polo Sistema Solar e clicando na imaxe de arriba poderás ir a un xogo para identificar os planetas.

4 nov 2013

O ESQUELETO E AS ARTICULACIÓNS

Podes repasar os nomes dos ósos e as articulacións con este xogo. Ademais tamén aprenderás outras novas palabras.
Clica enriba do esqueleto para xogar.

3 nov 2013

MAGOSTO 2013

O martes 29 de outubro celebramos o magosto no noso colexio. Os distintos ciclos participaron en diferentes actividades como xogos e bailes para finalmente pasar a comer as castañas. Pasámolo moi ben e ademais acompañounos un bo día. Se premes na imaxe de arriba poderás ver moitas máis fotos deste día e se o fas nas castañas irás ao Recanto de Mik.






27 oct 2013

CURIOSIDADES EN SEGUNDO






Esta semana algúns d@s alumn@s de segundo trouxeron diferentes curiosidades. Os froitos exóticos e a menta de Noa Fernández, a boneca feita de follato de Candela, a preciosa cabaza feita por Alba en papel, a póla do castiñeiro cos ourizos e castañas de Nerea e non vos asustedes coa impresionante mandíbula de tabeirón que nos amosou Lois.

19 oct 2013

POLO CORREO DO VENTO

É un proxecto didáctico no que a palabra e a imaxe constitúen as ferramentas esenciais para activar a creatividade e imaxinación dos máis novos.

Tivemos a sorte de contar con esta actividade, onde un conto oral protagonizado polo pingüín Panchito serve de xeito para a realización doutras tarefas.
Panchito, o pingüín quería ir ao Polo Sur. Foi en barco. Tiña un amigo cociñeiro chamado Gregorio. E finalmente coñeceu a Tina da que se namorou.

RIQUÍSIMO MEL


O outro día Antía trouxo unha mostra para oa seus compañeiros e compañeiras do riquísimo mel recollido polo seu avó. Houbo quen repetiu varias veces. Ademais poidemos observar un anaco do panal onde as celas e o mel se divisan estupendamente.

17 oct 2013

PRIMEIRO NO HORTO

O alumnado de primeiro estivo no horto recollendo tomates e plantando nabicol. Agardamos facer pronto un bo caldo ou cocido co que se recolla neste curso no que imos dedicar moito tempo á alimentación.





13 oct 2013

MERCADO DO BERBÉS E CASCO VELLO

O PRIMEIRO CICLO REALIZOU A VISITA AO MERCADO DO BERBÉS E AO CASCO VELLO ESTA SEMANA. A AULA DE 2º FOI O MARTES 8 E A AULA DE 1º O XOVES 10.
UNHA INTERESANTE VISITA A ALGÚNS POSTOS DE VENDA DE PEIXES, MARISCOS, CARNES OU FROITA E DESPOIS UN PERCORRIDO POR ALGUNHA DAS RÚAS MÁIS ANTIGAS DA NOSA CIDADE.

Aula de 2º
Click to play this Smilebox photo album
Create your own photo album - Powered by Smilebox


Aula de 1º
Click to play this Smilebox photo album

9 oct 2013

RECICLAXE CON 2º

Hoxe o alumnado de segundo participou en "Vigo Recicla" onde se levaron a cabo diversas actividades relacionadas coa reciclaxe dos distintos materiais. Ao final agasallos para tod@s. Seguro que a partir de agora temos máis claro onde ten que ir cada cousa.

 



6 oct 2013

UNHA COMPRA RESPONSABLE

Como este curso imos ter como Proxecto Documental "A ALIMENTACIÓN" debemos ter en conta facer unha compra moi moi responsable.
Preme abaixo á dereita para poder visualizalo en pantalla completa.


17 sept 2013

BENVID@S

Empeza un novo curso escolar e dende as aulas de primeiro e segundo de primaria queremos darvos a benvida.

19 jun 2013

EXPOSICIÓN CADERNOS INVESTIGACIÓN E VOCABULARIO

Estes últimos días estiveron expostos os cadernos de investigación realizados polo alumnado do 1º ciclo e os caderniños do reto do vocabulario feito no 2º trimestre coas 12 palabras relacionadas coa auga que estivemos a traballar.




12 jun 2013

BAILANDO A MACARENA

Candela, Antía, Alba e Noa González

Na semana das artes do noso colexio,na que hai distintas actuacións, hoxe, Candela, Noa González, Antía e Alba de 1,º fixeron o baile da "Macarena" para todo o colexio. Fixéronno moi, pero que moi ben.



4 jun 2013

A ESPADA LUMINOSA. CONTO DO 1º CICLO

A espada luminosa é o conto elaborado polo alumnado do primeiro ciclo. Os nenos e nenas de primeiro e segundo son os creadores da historia e das ilustracións. Foi un traballo moi interesante no que houbo que pensar nos protagonistas, no desenvolvemento dos acontecementos, darlle un sentido continuado ao conto...
Esperamos que o pasedes moi ben coa nosa creación.

31 may 2013

VISITA A PONTEVEDRA E O LAGO CASTIÑEIRAS

Este 30 de maio o Primeiro Ciclo, xunto co resto do alumnado de Primaria realizou unha saída a Pontevedra e o Lago Castiñeiras. Os nenos e nenas de primeiro e segundo xogaron nun parque, visitaron a zona antiga da cidade acompañados dunha guía, disfrutaron da zona forestal do lago, fixeron unha "rutiña" pola zona acompañados do garda...



19 may 2013

15 may 2013

PREPARANDO O MAIO

AS AULAS DE PRIMEIRO E SEGUNDO ESTIVERON COLABORANDO NA ELABORACIÓN DO MAIO DESTE ANO.  PARA O ALUMNADO DE PRIMEIRO FOI A PRIMEIRA VEZ QUE PARTICIPAN ACTIVAMENTE NA SÚA PREPARACIÓN.

13 may 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. LETRAS GALEGAS 2013

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Roberto Vidal Bolaño que realizou numerosas tareas relacionadas co teatro. Naceu e morreu en Santiago.

Podedes realizar diferentes actividades sobre as Letras Galegas recollidas do Ceip de Mallón.

12 may 2013

BOTES CON SAL DE CORES

Podedes contemplar unha manualidade feita polo alumnado de primeiro. Son botes de cristal que levan no seu interior sal de cores. Están quedando moi bonitos. Tede en conta que nas fotos aínda están algúns sen rematar.