30 ene 2013

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Hoxe 30 de xaneiro no noso colexio celebrouse o Día da Paz. Por suposto o alumnado de primeiro e segundo realizou diferentes actividades, algunhas delas interactivas, relacionadas con tan importante data.

Ademais houbo unha sorpresa moi agradable, xa que tivemos correspondencia, para as dúas aulas, dos nenos e nenas do Primeiro Ciclo do CEIP Illas Cíes.



23 ene 2013

MEL DE GALICIA

Os bosques galegos esconden un gran tesouro, un tesouro ligado á natureza, á tradición, a Galicia... é un ouro doce, o Mel de Galicia. 


Unha representante do Consello Regulador do I.X.P. Mel de Galicia fixo unha visita moi interesante ao Primeiro Ciclo. 
Primeiro, unha explicación e mostra de obxectos relacionados co mel, e a continuación, todos e todas a probala.

O mel é un produto natural e fresco que se produce de forma artesanal desde fai centos de anos. Os colmenares galegos caracterízanse por ser pequenos e por estar coidados con esmero polo apicultor. Estes coidados e atencións no proceso de elaboración permiten ao mel conservar as súas propiedades xenuínas nas diferentes variantes elaboradas e amparadas pola Indicación Xeográfica Protexida: meles multiflorais, meles monoflorais de eucalipto, meles monoflorais de castiñeiro, meles monoflorais de zarza, meles monoflorais de brezo.

19 ene 2013

DÍA DA PAZ. 2013

O día 30 de xaneiro celebrarase O DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA. Podedes realizar algunha das actividades relacionadas con dita data, algunha das cales están No Recanto de Mik ou na Páxina Web do noso colexio.




 

Puzzle










--
------------

14 ene 2013

Escritores e escritoras no Primeiro Ciclo

Esta fin de semana o alumnado de primeiro empezou a súa andaina co seu caderno de escritor ou escritora, onde periodicamente, como se fose un diario ou unha axenda escribirán algo propio e interesante, ademais tamén poden copiar algunha poesía ou texto que lles guste. Nesta tarefa os alumnos e alumnas de segundo  son uns expertos xa que levan un ano facendo marabillosas achegas.

Segundo

Primeiro
Segundo
Segundo
Primeiro
Primeiro