29 abr 2013

O SAPO E O RAPOSO

Podedes ver unha produción audiovisual baseada nun conto tradicional da nosa comunidade, realizada polo Xabarín Club da TVG para apoiar a campaña do Patrimonio Inmaterial Galego na Unesco.


27 abr 2013

UNHA BOA COLLEITA

Os nenos e nenas de segundo xa teñen as primeiras leitugas da horta do noso colexio. Mirade que fermosos exemplares.


VERMES DA SEDA

A aula de 2ºempezou cuns pequenos ovos  na clase dos que saíron os vermes da seda que de tanto comer follas de moreira foron medrando e medrando ata que se fixeron grandes e puideron facer a súa casula para meterse dentro e transformarse nunha bolboreta. Algúns nenos e nenas tamén os levaron para as súas casas para seguilos coidando. Se clicas aquí poderás ver un pequeno libro con imaxes sobre os vermes da seda.


24 abr 2013

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2013

O 23 de abril realizouse unha das actividades máis bonitas que se realizan no noso colexio que consiste na lectura por parte dos padriños e madriñas lectores ao seus afillados e afilladas. No noso caso o alumnado de 4º leu os seus libros a 2º, e o alumnado de 3º a 1º. O venres anterior xa se realizara o emocionante sorteo para saber quen apadriñaba ou amadriñaba a cada quen. 


XOGANDO COS CONTOS

A Concellería de NL. a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, realizou unha actividade dinamizadora do galego dirixida ao alumnado de 1º, 2º e 3º.
O aspecto lúdico e o mundo da ficción son imprescindibles para favorecer a aprendizaxe das nenas e nenos, reforzando a expresión e a comunicación.

O xogo dramático e o conto son os dous elementos que lle dan "vida" a esta actividade na que se escenificaron diversos contos.

21 abr 2013

PRIMEIRO SEMENTA XUDÍAS


A clase de primeiro sementou xudías este pasado xoves. Agora con este bo tempo que por fin temos, esperamos que medren axiña.

SEGUNDO SEMENTA ACELGAS E ESPINACAS


Na primeira semana deste mes de abril, os alumnos e alumnas de segundo sementaron acelgas e espinacas no horto escolar. Ademais decatáronse de que había que protexer os repolos e as coles dos paxariños e as pombas, xa que estaban comendo as súas follas.

17 abr 2013

ANXO MOURE. O CARBALLO CON BOTAS

Tivemos unha MOI entretida sesión de animación á lectura realizada por ANXO MOURE, O CARBALLO CON BOTAS.
Moitas grazas por facernos pasar uns momentos tan divertidos.


Click to play this Smilebox slideshow


12 abr 2013

DÁLLE FORTE AO ALMORZO


Trátase dunha campaña dentro do programa de visitas escolares promovida por GADIS chamada Aprende a comer ben con Gadis.
Nela visítanse distintas seccións do supermercado á vez que se fala da importancia de comer variado, da dieta equilibrada, da importancia dun bo almorzo, da pirámide alimenticia...




7 abr 2013

CAILLOU AFORRA AUGA

Relacionado co proxecto da auga que se está a desenvolver no noso colexio ao longo do actual curso, podemos ver un vídeo de como Caillou está preocupado por aforrar auga e busca diversas solucións.

3 abr 2013

ACTIVIDADE LIM

Xa temos aquí unha serie de actividades interactivas para que os alumnos e alumnas de primeiro e segundo comproben os seus coñecementos e tamén pasen un rato entretidos.
.