27 oct 2013

CURIOSIDADES EN SEGUNDO






Esta semana algúns d@s alumn@s de segundo trouxeron diferentes curiosidades. Os froitos exóticos e a menta de Noa Fernández, a boneca feita de follato de Candela, a preciosa cabaza feita por Alba en papel, a póla do castiñeiro cos ourizos e castañas de Nerea e non vos asustedes coa impresionante mandíbula de tabeirón que nos amosou Lois.

19 oct 2013

POLO CORREO DO VENTO

É un proxecto didáctico no que a palabra e a imaxe constitúen as ferramentas esenciais para activar a creatividade e imaxinación dos máis novos.

Tivemos a sorte de contar con esta actividade, onde un conto oral protagonizado polo pingüín Panchito serve de xeito para a realización doutras tarefas.
Panchito, o pingüín quería ir ao Polo Sur. Foi en barco. Tiña un amigo cociñeiro chamado Gregorio. E finalmente coñeceu a Tina da que se namorou.

RIQUÍSIMO MEL


O outro día Antía trouxo unha mostra para oa seus compañeiros e compañeiras do riquísimo mel recollido polo seu avó. Houbo quen repetiu varias veces. Ademais poidemos observar un anaco do panal onde as celas e o mel se divisan estupendamente.

17 oct 2013

PRIMEIRO NO HORTO

O alumnado de primeiro estivo no horto recollendo tomates e plantando nabicol. Agardamos facer pronto un bo caldo ou cocido co que se recolla neste curso no que imos dedicar moito tempo á alimentación.





13 oct 2013

MERCADO DO BERBÉS E CASCO VELLO

O PRIMEIRO CICLO REALIZOU A VISITA AO MERCADO DO BERBÉS E AO CASCO VELLO ESTA SEMANA. A AULA DE 2º FOI O MARTES 8 E A AULA DE 1º O XOVES 10.
UNHA INTERESANTE VISITA A ALGÚNS POSTOS DE VENDA DE PEIXES, MARISCOS, CARNES OU FROITA E DESPOIS UN PERCORRIDO POR ALGUNHA DAS RÚAS MÁIS ANTIGAS DA NOSA CIDADE.

Aula de 2º
Click to play this Smilebox photo album
Create your own photo album - Powered by Smilebox


Aula de 1º
Click to play this Smilebox photo album

9 oct 2013

RECICLAXE CON 2º

Hoxe o alumnado de segundo participou en "Vigo Recicla" onde se levaron a cabo diversas actividades relacionadas coa reciclaxe dos distintos materiais. Ao final agasallos para tod@s. Seguro que a partir de agora temos máis claro onde ten que ir cada cousa.

 



6 oct 2013

UNHA COMPRA RESPONSABLE

Como este curso imos ter como Proxecto Documental "A ALIMENTACIÓN" debemos ter en conta facer unha compra moi moi responsable.
Preme abaixo á dereita para poder visualizalo en pantalla completa.