17 dic 2014

CALENDARIOS PARA O CEIP ILLAS CÍES

Xa están en camiño os calendarios do ano 2015 que o noso alumnado de primeiro e segundo fixo para os rapaces e rapazas do Ceip Illas Cíes.



6 dic 2014

CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE

O alumnado de segundo participou no programa  "Camiña con nós pola igualdade" que se levou a cabo na biblioteca do noso colexio.


23 nov 2014

LECTURITAS

CLICA ENRIBA DA IMAXE E PODERÁS COMPROBAR A TÚA COMPRENSIÓN LECTORA CUNHAS SINXELAS LECTURIÑAS.

17 nov 2014

MAGOSTO 2014

Por fin acompañou o tempo e conseguimos facer o magosto. Despois de realizar diversos xogos tomamos as saborosas castañas asadas. Tedes moitas máis fotografías en https://picasaweb.google.com/bibliotics3/MAGOSTO1415_1_2



27 oct 2014

OUTONO E MAGOSTO

Xoga con estas actividades da tempada na que nos atopamos.

REAPERTURA DA NOSA BIBLIOTECA

O pasado venres foi a reapertura da nosa biblioteca. Un día moi emotivo, sobre todo para os de primeiro, con grandes sorpresas como a obra de teatro tan divertida da que todo o alumnado puido disfrutar.


26 oct 2014

MILLO

millo  é unha planta gramínea anual. Ten un crecemento rápido, chegando aos 2,5 metros de altura nun ano, que é a súa quenda de colleita. As follas teñen forma alongada saíndo do talo cun lixeiro ángulo e coa punta caída cara abaixo. As mazarocas están cubertas por filas de grans
Miguel de 1º trouxo unhas preciosas mostras de millo

23 oct 2014

A CASA DO AVÓ

O alumnado de 2º e 3º estivo no Verbum para unha estupenda actividade de títeres e teatro de Tanxarina, organizada polo Concello de Vigo.

22 oct 2014

ESTUPENDOS TRABALLOS

Menudas creacións as que fixo o noso alumnado de primeiro e segundo xunto coas súas familias!!
Luciña estará moi moi feliz.

8 jun 2014

CONVIVENCIA CO CEIP ILLAS CÍES

O luns pasado por fin o alumnado de primeiro e segundo do noso colexio e o do Ceip Illas Cíes pasou unha xonada de convivencia inesquecible.








19 may 2014

VISITA DE CONCHA BLANCO

O pasado venres tivemos a honra de contar coa visita da escritora Concha Blanco, a autora dos libros que traballamos neste trimestre nas aulas de primeiro e segundo.



16 may 2014

LETRAS GALEGAS 2014

 Xosé María Díaz Castro naceu na parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz, o 19 de febreiro de 1914. A súa familia era unha familia labrega, aínda que o seu pai traballou unha tempada como escribinte. 
 Xosé María era coñecido no lugar polo nome de Pepe e, de pequeno, axudaba nos labores do campo e a coidar as vacas.
 De neno estudou nunha escola da súa aldea mandada construír polos veciños emigrados a Cuba. A escola era coñecida como « A escola da Conchada».
 De mozo foi estudar para crego no Seminario de Mondoñedo e alí comezou a escribir as súas primeiras poesías e a publicar algunhas delas no xornal «El Progreso Villalbés», de Vilalba, en Lugo.
 Despois de deixar o Seminario dedicouse a estudar varios idiomas, traballando moitos anos en Madrid como tradutor e profesor de inglés, francés e alemán.
 Publicou un libro titulado «Nimbos» cos seus poemas en galego.
 Este ano a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas pola defensa e uso que fixo do noso idioma.

14 may 2014

A PREHISTORIA

Como en segundo estamos a traballar o paso do tempo. Este é un vídeo dunha das épocas que levamos visto, sobre o Home de Cromagnon na PREHISTORIA.


12 may 2014

UNIÓN EUROPEA

O pasado 9 de maio foi o día de Europa.
Clica enriba da bandeira da Unión Europea e terás a posibilidade de ir á páxina oficial onde podes facer xogos e pasatempos que te permitirán coñecer mellor Europa.


27 abr 2014

OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES

Cortametraxe sobre o amor aos libros e o valor da lectura.

DÍA DO LIBRO. PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES. AFILLADOS E AFILLADAS

O PASADO MÉRCORES 23 DE ABRIL CONMEMOROUSE O DÍA DO LIBRO. O TEMPO ACOMPAÑOUNOS E FIXEMOS A LECTURA NO PATIO DO COLEXIO. Se clicas nas dúas imaxes de arriba podes ir ao Recanto de Mik e alí terás moitas máis imaxes.