19 may 2014

VISITA DE CONCHA BLANCO

O pasado venres tivemos a honra de contar coa visita da escritora Concha Blanco, a autora dos libros que traballamos neste trimestre nas aulas de primeiro e segundo.



16 may 2014

LETRAS GALEGAS 2014

 Xosé María Díaz Castro naceu na parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz, o 19 de febreiro de 1914. A súa familia era unha familia labrega, aínda que o seu pai traballou unha tempada como escribinte. 
 Xosé María era coñecido no lugar polo nome de Pepe e, de pequeno, axudaba nos labores do campo e a coidar as vacas.
 De neno estudou nunha escola da súa aldea mandada construír polos veciños emigrados a Cuba. A escola era coñecida como « A escola da Conchada».
 De mozo foi estudar para crego no Seminario de Mondoñedo e alí comezou a escribir as súas primeiras poesías e a publicar algunhas delas no xornal «El Progreso Villalbés», de Vilalba, en Lugo.
 Despois de deixar o Seminario dedicouse a estudar varios idiomas, traballando moitos anos en Madrid como tradutor e profesor de inglés, francés e alemán.
 Publicou un libro titulado «Nimbos» cos seus poemas en galego.
 Este ano a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas pola defensa e uso que fixo do noso idioma.

14 may 2014

A PREHISTORIA

Como en segundo estamos a traballar o paso do tempo. Este é un vídeo dunha das épocas que levamos visto, sobre o Home de Cromagnon na PREHISTORIA.


12 may 2014

UNIÓN EUROPEA

O pasado 9 de maio foi o día de Europa.
Clica enriba da bandeira da Unión Europea e terás a posibilidade de ir á páxina oficial onde podes facer xogos e pasatempos que te permitirán coñecer mellor Europa.