9 dic 2015

DADOS

Pon a proba o teu cálculo mental sumando diversas cantidades para acertar o número desexado. Clica enriba da imaxe.

16 nov 2015

ELABORACIÓN DE PASTA DENTÍFRICA EN 2º

O xoves 12 de novembro o alumnado de segundo participou nun obradoiro de ciencias de elaboración de pasta dentífrica. Dita actividade foii dinamizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
Neste obradoiro o alumnado elaborou crema de dentes, que levou para casa, a partir de distintos produtos naturais, traballando tamén vocabulario relacionado coa hixiene bucal.

14 nov 2015

MAGOSTO

O pasado 10 de novembro por fin tivemos bo tempo e conseguimos celebrar o noso magosto. Primeiro foi pasando todo o alumnado polos diferentes xogos organizados, despois un baile todos xuntos e finalmente a polas castañas. Foi unha xornada estupenda.
Se clicas enriba da data poder ir ao Recanto de Mik onde hai moitas máis imaxes.







25 oct 2015

MATEMÁTICAS EN SEGUNDO

CLICA NA IMAXE E ASÍ XOGARÁS E PASARÁS UN BO RATO GRAZAS ÁS MATEMÁTICAS DIVERTIDAS.

REAPERTURA DA BIBLIOTECA

O xoves 22 celebrouse a reapertura da biblioteca. para tal acontecemento houbo un concerto de rock amenizado por Joao Tomba que contou cuns teloneiros impresionantes que resultou ser o alumnado de 5 anos. Estupendo!!
Clica enriba da imaxe e poderás ver máis que están no Recanto de Mik.


17 oct 2015

VIVE VIGO

AQUÍ TEDES UN VÍDEO DE 4 MINUTOS SOBRE A NOSA CIDADE, PARA GOZAR DE PRECIOSAS IMAXES, QUE É UNHA ESTUPENDA PRESENTACIÓN DO QUE IMOS TRABALLAR AO LONGO DESTE CURSO. 

16 oct 2015

QUEN SON ?

PRIMEIRO
Podedes tentar adiviñar quen é cada quen nos debuxos de primeiro e segundo. Estupendos autorretratos.

SEGUNDO



7 jun 2015

SAÍDA A PADRÓN E SANTIAGO

O alumnado de primeiro e segundo xunto co resto de Primaria, acompañado polo profesorado do centro, o pasado día 5 de xuño realizou unha preciosa visita a Padrón e Santiago. O tempo acompañou e poideron ser visitados distintos lugares como a Casa-Museo de Rosalía de Castro, o Xardín Botánico de Padrón, Praza do Obradoiro, Catedral de Santiago, Praza da Quintana...Para finalmente xantar no Parque Granxa do Xesto. 



6 may 2015

SAÍDA AO CONCELLO E AO CASTRO

Son algúns dos momentos da asistencia ao Auditorio do Concello para ver dúas estupendas representacións teatrais e o posterior paseo e merenda polo Monte do Castro.

4 may 2015

MAIOS 2015

Non acompañou o bo tempo, pero a festa dos maios foi todo un éxito. Clica sobre o maio de Mik e irás ao seu Recanto onde tes moitísimas fotos da preparación do maio e do día da celebración da festa coas súas coplas.

3 abr 2015

SEMANA DA POESÍA E ARTE

Aquí están os marabillosos cadros poéticos realizados polos alumnos e alumnas de primeiro e segundo que están expostos no salón de actos e que están relacionados coas poesías que traballaron.


Cadros de Segundo

Cadros de primeiro

Cadros de Primeiro

Cadros de Segundo

CORRESPONDENCIA CO CEIP ILLAS CÍES

Xusto antes das vacacións de Semana Santa recibimos correspondencia do alumnado do Illas Cíes. Para primeiro uns marcapáxinas personalizados e para segundo unhas fermosas cartas tamén personalizadas.




30 mar 2015

RECITAL POÉTICO

Tedes aquí o vídeo do recital poético realizado polo alumnado de Primeiro na aula de Terceiro, no que recitaron poesías en galego e en castelán. Moitas grazas aos nenos e nenas das dúas aulas.

22 mar 2015

VISITOUNOS VICENTE MUÑOZ PUELLES

Este importante escritor, que recibiu xa diversos premios, autor de "Óscar y el león de Correos" y La gata que aprendió a escribir",  visitounos o pasado xoves comentándonos aspectos sobre os seus libros moi interesantes.












20 mar 2015

A ECLIPSE DE SOL

Esta mañá tivemos ocasión de presenciar unha eclipse de sol, no que a Lúa chegou a cubrir máis dun 70% do disco solar.





8 mar 2015

HIPATIA DE ALEXANDRÍA

Co motivo do Día Internacional da Muller, o alumnado de Primeiro investigou sobre HIPATIA DE ALEXANDRÍA, considerada en moitos casos, a primeira muller adicada á ciencia.
Hipatia naceu no ano 370 en Alexandría (Exipto), lugar coñecido na historia polo seu Faro e a súa Biblioteca. Foi a primeira muller en realizar unha contribución substancial ao desenvolvemento das matemáticas. Tamén realizou importantes traballos en astronomía, física e filosofía ata que foi asasinada no 415 na súa cidade debido á estupidez e á irracionalidade dos ataques relixiosos.

INVESTIGANDO SOBRE HIPATIA




DÍA INTERNACIONAL DA MULLER




1 mar 2015

SINXELO XOGO VISUAL

PARA REALIZAR UN XOGO DIVERTIDO E SINXELO. ALGO DISTINTO DOS HABITUAIS. PASA O RATO SOBRE OS CÍRCULOS E CADA VEZ TERÁS MÁIS. MULTIPLÍCANSE.

25 feb 2015

NO DÍA DE ROSALÍA

Este martes no día de Rosalía o alumnado de primeiro e segundo realizou diversas actividades relacionadas con esta importantísima escritora galega. Unha destas actividades foi a o marcapáxinas co poema "Adiós ríos, adiós fontes".




23 feb 2015

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 DE FEBREIRO É O DÍA ADICADO A ROSALÍA DE CASTRO. PODEDES VER UN RESUMO DA VIDA DESTA IMPORTANTÍSIMA ESCRITORA GALEGA NO SEGUINTE VÍDEO.

22 feb 2015

CONTOS PARA TRABALLAR OS SINFÓNS

Clica enriba da imaxe e poderás ir a un importante número de lecturas ilustradas. Algunhas tamén teñen actividades de comprensión lectora.

12 feb 2015

A Piques do entroido

Só quedan unhas horas para o festival. O alumnado de primeiro e segundo cos seus lentes de diseño xa está desexando que chegue o venres.

9 feb 2015

CHEGA O ENTROIDO

Aquí tedes ao alumnado de primeiro e segundo coas súas saias hawaianas. O día grande está próximo. Estamos quentando motores.