31 ene 2016

ENTROIDO. OS MERDEIROS

Andiveron polo colexio facendo trasnadas os Merdeiros, que son uns personaxes típicos do Entroido de Vigo. Vestirse de Merdeiro era tradicion nos mariñeiros da ribeira viguesa. Foi unha figura que apareceu como consecuencia da rivalidade entre mariñeiros e labregos. 



27 ene 2016

DÍA D PAZ. PRAZA DAS APERTAS

Este ano no día da Paz vai haber moitas apertas no noso colexio. Tomamos como referencia a PRAZA DAS APERTAS deseñada por Antón Pulido que se atopa no cruce de Peniche, no cruce de Pi y Margal, López Mora e Tomás Alonso e que se convertiu nun excelente punto de encontro para os veciños e veciñas da zona.

17 ene 2016

XOGAR E APRENDER

Xoga e aprende coas distintas actividades que podes realizar relacioadas con diferentes materias.

MANDALAS

Os mandalas sempre nos gustan. Se clicades sobre o que temos aquí podedes acceder a moitos máis que incluso se poden imprimir.

4 ene 2016

CALENDARIOS 2016

Estes son os calendarios personalizados que o alumnado de primeiro e segundo fixo para as súas familias.