29 abr 2016

PADRIÑOS E MADRIÑAS. AFILLADOS E AFILLADAS

Ao igual que outros anos realizamos o tradicional sorteo de "apadriñamento lector". O alumnado de segundo esperaba con moita emoción quen lle tocaría da aula de cuarto.

28 abr 2016

CERVANTES ACTIVIDADES

Aquí tedes algunhas mostras das actividades relacionadas con Cervantes e Don Quixote. Puzzles, escritura cervantina, investigación e información, e tamén unha exposición de distintos volumes de Don Quixote prestados por alumnado e profesorado.



21 abr 2016

DON QUIJOTE DE LA MANCHA

Tremendo recurso sobre Don Quixote onde podedes acceder a diferentes actividades sobre esta obra extraordinaria escrita por Miguel de Cervantes.

19 abr 2016

VIGO RECICLA

O alumnado de segundo, terceiro e cuarto participou hoxe na actividade de "Vigo Recicla" na que se traballou a correcta separación dos distintos residuos e materiais en diferentes colectores para a conservación e protección do medio ambiente, ademais de tocar o tema da limpeza no seu contorno, animando con consellos e agasallos a mantelo limpo.

17 abr 2016

O INCRIBE NENO COMELIBROS

Cortametraxe que se basa na obra do escritor Oliver Jeffers.
Unha historia sinxela que explica a pasión pola lectura e os beneficios do hábito lector.

11 abr 2016

OLI

Hoxe visitounos Oli, autor dos libros "O rato avó e o muraño" que traballou a aula de 1º, e" Leocadio, o león" que traballou a aula de 2º. Contou cousas interesantísimas sobre diferentes libros que leva escritos e sobre as dúas obras anteriores.