23 oct 2016

REAPERTURA DA BIBLIOTECA

Estivo Mik o xoves na aula de primeiro facendo unha visita, e trouxo unha carta e unhas pistas para que o alumnado adiviñase que continente vai traballar primeiro e segundo. 
O venres foi a reapertura da biblioteca e o artista invitado foi o músico Joao Paulo Espanhol.


CHEGA O SAMAÍN

Xa que está próxima a data do Samaín, podes ir decorando unha cabaza como ti queiras. Clica enriba para empezar. A facer unha creación estupenda!

19 oct 2016

Este curso imos traballar dentro da "Volta ao Mundo en 80 historias"o continente onde vivimos: Europa. Aquí tedes un mapa un tanto especial onde está cada país coa súa bandeira. Xa atopaches España? Moi ben.

13 oct 2016

TRAGALETRAS

O tragaletras é un xogo con actividades de ortografía e vocabulario para alumnado de primeiro, segundo e incluso terceiro.
Clica enriba para xogar