26 nov 2016

MUSEO DO MAR

Xa temos aquí as fotos da saída ao Museo do Mar. Que ben o pasamos! 
Podes miralas a pantalla completa e tamén con música clicando á dereita ou á esquerda na parte de abaixo.



20 nov 2016

DÍA UNIVERSAL DOS NENOS E NENAS

Hoxe celébrase o Día Mundial dos Nenos e Nenas que conmemora a Convención dos dereitos da infancia aprobados pola ONU.






14 nov 2016

RECOÑECEMOS OS ALIMENTOS

Clica enriba da imaxe para xogar cos alimentos.

O OUTONO NO MESTRES GOLDAR

Hai uns días o alumnado de primeiro andivo observando as características do outono paseando polo patio e outras zonas do noso colexio. Podedes ver que ben o pasaron lanzándose follas e tamén buscando castañas debaixo do castiñeiro.




6 nov 2016

MAGOSTO 2016

Aínda que o día empezou con chuvia, e os xogos tivemos que realizalos no ximnasio, fixemos a festa do magosto, comimos as castañas no patio e todos e todas o pasamos de marabilla. Un día moi divertido!





2 nov 2016

VISITA Á BIBLIOTECA

HAI UNS DÍAS O ALUMNADO DE 1º VISITOU A BIBLIOTECA. ALÍ COLLERON OS SEUS CARNETS VÁLIDOS PARA TODA A PRIMARIA, AS SÚAS CARPETAS, MARCAPÁXINAS...