30 ene 2017

DÍA DA PAZ

Fotos de primeiro e segundo con algunha das actividades que fixeron conmemorando o DÍA DA PAZ neste 30 de xaneiro


26 ene 2017

PUZZLES

Podes facer os puzzles dalgúns dos monumentos europeos máis coñecidos como o Big Ben (Londres-Reino Unido), torre Eiffel (París-Francia), Coliseo (Roma-Italia), A Sereíña (Copenhague-Dinamarca), Praza de san Pedro (Vaticano)...
Clica sobre calquera deles e poderás ir á páxina correspondente.

 




MÁIS XOGOS DE EUROPA

Podes xogar coas capitais, as bandeiras e a localización. 
Clica enriba do mapa de Europa

15 ene 2017

INTERCAMBIO DE TARXETAS CON PAÍSES DE EUROPA

Xa chegaron ás aulas de primeiro e segundo as tarxetas dos nenos e nenas dos países aos que o noso alumnado enviou antes de Nadal. O alumnado de 1º recibiunas dun colexio de GRECIA e alumnado de 2º de FRANCIA. Grazas á profe Paloma que foi a artífice desta actividade.
Primeiro-Grecia
Segundo-Francia


12 ene 2017

8 ene 2017

BANDEIRAS DE EUROPA

Vai clicando enriba de cada bandeira e escollendo o país que lle corresponde. Ao principio será difícil, pero ao longo deste trimestre traballaremos as bandeiras e será moito máis sinxelo. Tamén podes consultalas no xogo de pintar bandeiras que está na columna da dereita.