21 nov 2019

CAMPAÑA VIGO RECICLA

Dinoseto e Dinosetiño ensinaron ao alumnado do noso centro a reciclar de xeito correcto, co obxectivo de manter limpa a nosa cidade e valorar a importancia da reciclaxe.






 

10 nov 2019

MAGOSTO

O VENRES 8 CELEBRAMOS O NOSO MAGOSTO. PASÁMOLO ESTUPENDAMENTE. Podes visualizalo en pantalla grande e con música.






A ECOLOXÍA DO MEDIO NATURAL

 O xoves día 7, as aulas de 1º e 2º participaron nunha actividade realizada polo Servizo de Dinamización Lingüística do Concello de Vigo relacionada coa natureza e a ecoloxía.






28 oct 2019

EXPOSICIÓN OUTONO

Imaxes da esposición sobre o outono, realizada co que trouxo o noso alumnado de 1º e 2º. 
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.




REAPERTURA DA BIBLIOTECA

O pasado venres 25 foi a reapertura da biblioteca. E para celebralo contamos coa marabillosa actuación do incrible Mago Cali.

25 oct 2019

NATURNOVA


Fixemos unha visita moi interesante a Naturnova, para realizar a actividade "Do Universo á Terra, un planeta con vida"  
Que fai a Terra tan especial? Como clasificamos os seres deste planeta vivo? Como podemos coidala? Hai que completar as 3  probas para converterse en súper especialistas do noso planeta.