25 feb 2020

ENTROIDO 2020






MADAMAS E GALANES

O martes 18 de febreiro o alumnado de primeiro e segundo fixo unha saída ao Museo Liste para unha actividade relacionada co Entroido sobre Madamas e galanes. Fomos camiñando, e paramos para xogar e merendar no Parque de Castrelos.






9 feb 2020

ULA LÚA?

Actividade de contacontos e animación realizada no salón de actos do noso centro para 1º e 2º de Primaria.
 Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa lle deixa saír fóra, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar. Unha historia sobre o amor, a familia e a amizade, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.