30 mar 2020

O PEIXIÑO DE PRATA

Propoño un reto voluntario entre hoxe, mañá e o mércores. Fai a lectura "O PEIXIÑO DE PRATA" (o tedes en pdf ou word para escribir directamente descargándoo) e responde ás cuestións (igual necesitades algo de axuda co significado dalgunha palabra). Podes mandarme as respostas por email: anaigo@hotmail.com

Repasar as horas

Vídeo para repasar as horas: en punto, e cuarto, e media e menos cuarto.

27 mar 2020

AVISO

Que tal nenos e nenas? Non vaiades a pensar que desaparecen algunhas cousas que se van publicando, o que pasa é que ao poñer entradas novas as outras van movéndose. Podedes ir a elas desprazándoos para abaixo e clicando en entradas antiguas ou na parte da dereita en arquivo ou etiquetas. 
Lembrade tamén que podedes ir realizando o que queda dos libros do 2º trimestre que tedes na casa: lingua, castelán e matemáticas para que queden rematados cando chegue o 3 de abril.
Apertas!

A FOTOSÍNTE. Como se alimentan as plantas?

26 mar 2020

MATEMÁTICAS 2º

Realiza sumas, restas, problemas, numeración... Podes descargarlo ou facer os exercicios nun folio. Clica sobre os números.
http://www.dylar.es/uploads/libros/211/docs/MATEMATICAS%20BASICAS%205%20-%20DYLAR.pdf

25 mar 2020

CONSTRÚE AS FRASES e APRENDE XOGANDO

http://www.genmagic.net/lengua4/lleng4c.swfXOGAR E ARENDER Á VEZ. FENOMENAL!

A MIÑA HABITACIÓN

Resultado de imagen de dormitorio de arles
Vincent Van Gogh foi un artista que, coma nós nestes momentos, pasou un tempo da súa vida sen poder saír. No seu caso, debido a unha enfermidade mental. Entre unha das súas obras máis famosas está O dormitorio en Arlés, no que pintou o lugar onde durmía. 
A proposta é que fagades un debuxo da vosa habitación e unha pequena listaxe das cousas que se atopan nela.

23 mar 2020

GRAZAS FAMILIAS

MISIÓN SECRETA. QUEDAR NA CASA.

Hoxe xa é luns e para empezar a segunda semana de xogos e actividades, deixo para vós esta proposta para estes días.
É a misión… quedar na casa!! Só apta para superheroes e superheroínas. Prestade moita atención e pasádeo moi moi ben.
Misión secreta… quedar na casa!!
Non é necesario imprimir, os podedes debuxar nun folio directamente ou seleccionar algunhas.

TRABALLO NA CASA

Ola!!
Xa que temos que estar algúns días máis nas casas, quero comunicarvos que podedes ir facendo a unidade número 10 dos libros de castelán e galego: a lectura, as súas actividades de comprensión, as páxinas azuis de expresión escrita...Coidado coas maiúsculas!😀😉
Tamén podedes ir avanzando no libro de matemáticas: numeración, problemas, táboa do 3 e o 4...Non esquezades facer sumas e restas!
Pero non fagades todo de golpe. Ide pouco a pouco. Cando volvamos a estar xuntos xa correxirei o que vaiades facendo.
Apertas.

COMUNICACIÓN

Ola!! Como imos ter que quedar uns días máis na casa, se alguén quere poñerse en contacto comigo pode facelo a través do seguinte correo: anaigo@hotmail.com
Aquí podedes preguntar, enviar algo que escribides...ou simplemente comunicarse.📧 Tamén podedes escribir comentarios nas diferentes entradas que van aparecendo no Curruncho.
Apertas!!

22 mar 2020

APRENDEMOS EN CASA. CLAN TV


RTVE lanza el próximo lunes ‘Aprendemos en casa’, una iniciativa del Ministerio de Educación y Formación Profesional para facilitar la educación desde la televisión pública durante el tiempo que duren las medidas de aislamiento para contener el coronavirus.
El lunes 23 comenzará la emisión de este espacio en la franja de mañana de Clan, que refuerzan así el papel de la televisión lineal con este proyecto destinado a toda la población, especialmente a las familias con menos recursos, territorios con mayores dificultades de conexión a la red y ciudadanos que por motivo de las condiciones impuestas por el aislamiento tienen problemas para compartir el ancho de banda.
 Además en la página de CLAN podéis acceder a juegos, descargas,vídeos...
‘Aprendemos en casa’ 6 a 8 años (09:00 a 10:00 horas)

Clases en La2

18 mar 2020

PERSEGUINDO PEGADAS


Se estás pensando nun xogo e as manualidades son o teu, esta actividade é para ti!
- Debuxa e recorta as túas pegadas nun papel.
- Pega as pallas nas plantas dos pés e os paus de trinchar na cinta adhesiva.
- Pensa no percorrido que teñen que facer e…a xogaaaaar!!!
Podes tamén deseñar ramplas para que as pegadas baixen por elas.

17 mar 2020

SOMOS SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS

Ola a todos e todas! Nestes tempos de quedar na casa, que vos parece se xogamos ás superheroínas e aos superheroes?
É moi sinxelo! Fíxate nestes pasos:
1.- Debúxate sendo superheroína ou superheroe. Busca un nome xeitoso e pensa ben na roupa que levarás. Non esquezas a túa capa!
2.- Pensa e escribe cales son os teus poderes (podes pensar en cousas que axuden aos adultos cos que estás: poñer a mesa, recoller o cuarto, colaborar na limpeza…)
3.- Colga o debuxo cos teus superpoderes no corredor, na porta da túa habitación ou mesmo na fiestra para que todo o mundo sepa da túa valía!!!