23 dic 2022

ACTIVIDADES NADAL

Deixo aquí fotos dalgunha das actividades que fixemos relacionadas  con esta época do ano: postais, cine con flocos de millo, as manualidades dos renos, Grinch...

E por suposto non podía faltar algunha relacionada co día do festival. Fenomenal actuación do alumnado de terceiro. Parabéns!

FELICES VACACIÓNS!
















8 dic 2022

SAÍDA CARREFOUR

Fixemos unha saída didáctica ao Carrefour. Estivemos en distintas seccións, aprendimos cousas dos alimentos bio, da reciclaxe... Finalmente todo o alumnado estivo practicando na caixa.








21 nov 2022

BRINCADEIRAS DA LINGUA

“Brincadeiras da lingua” é un espectáculo que ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia e fomentar a súa práctica entre a cativada e no ámbito familiar. Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma dos ditos recollidos realizada por Migallas Teatro e que leva este mesmo nome “Brincadeiras da lingua”.






NATURNOVA

 Foi xenial a visita  a Naturnova!!!












16 nov 2022

MAGOSTO 2022

Chegou o día do Magosto. Menuda zampada de castañas despois de facer diversos xogos.  E algunha cara quedou bastante pintada.  Que ben o pasamos!!!







9 nov 2022

6 nov 2022

XOGOS EDUCATIVOS DE LENGUA

 Clica enriba do dicionario para facer un xogo de ordenar alfabeticamente.

Clica sobre a imaxe para repasar a separación das palabras en sílabas.

E agora para repasar as sílabas átonas e tónicas.




REAPERTURA BIBLIOTECA

Tedes aquí unhas fotos da última semana de outubro con actividades relacionadas coa reaperura da biblioteca. Búsqueda do mineral, entradas e película con flocos de millo, disfraces de superheroes e heroínas...