25 mar 2022

ABELLAS

Hoxe fixo a súa estupenda exposición Rober. Ademais de coincidir co seu aniversario ao facer 10 anos, explicounos cousas moi interesantes sobre uns insectos importantísimos na vida, as abellas, e os 3 tipos que hai (raíña, obreiras e zánganos).

Parabéns por este gran día!!



23 mar 2022

FOTO DO 21 DE MARZO

Esta é a fotografía que o alumnado estaba desexando facer. Primeiro día no que a mascarilla non é obrigatoria no patio. Ademais coincide que empeza Camila este día e Lucas leva só uns días. Benvidos á aula de 4º de Primaria!!!



20 mar 2022

A libélula

Nunha nova e interesantísima conferencia, Valeria explicou cousas moi curiosas das libélulas. Este insecto de grandes ollos, que come outros pequenos insectos, que vive en zonas acuáticas e que na gran maioría da súa vida está na fase de ninfa.

Parabéns por un gran traballo!!!



Os sentidos: a vista

14 mar 2022

Os gorilas e o drago

As conferencias máis recentes son as de Ian, que nos falou dos gorilas, os grandes primates herbívoros que viven en África, e a de Xonxa que fixo a súa exposición sobre un arbusto moi curioso, o drago, que se atopa nas Illas Canarias e é símbolo da Illa de Tenerife.

Parabéns por uns estupendos traballos e exposicións!!




DETERMINANTES NUMERAIS E INDEFINIDOS

9 mar 2022

NOVAS CONFERENCIAS

Esta semana tivemos novas conferencias sobre animais en perigo.

Pablo falounos sobre o OSO PARDO (este gran mamífero plantígrado que vive en zonas de Europa,  Asia  e Norteamérica). E Xián sobre o MONO NARIGUDO (un curioso animal herbívoro da illa de Borneo cun gran nariz).

Parabéns polas vosas fantásticas exposicións!!




3 mar 2022

O LINCE IBÉRICO

Uns días antes do Entroido Iria fixo unha gran conferencia sobre O LINCE IBÉRICO, un mamímero carnívoro especialista na caza de coellos, que vive na Península Ibérica, e que pouco a pouco se está recuperando.

Parabéns por un excelente traballo!!