23 dic 2022

ACTIVIDADES NADAL

Deixo aquí fotos dalgunha das actividades que fixemos relacionadas  con esta época do ano: postais, cine con flocos de millo, as manualidades dos renos, Grinch...

E por suposto non podía faltar algunha relacionada co día do festival. Fenomenal actuación do alumnado de terceiro. Parabéns!

FELICES VACACIÓNS!
















8 dic 2022

SAÍDA CARREFOUR

Fixemos unha saída didáctica ao Carrefour. Estivemos en distintas seccións, aprendimos cousas dos alimentos bio, da reciclaxe... Finalmente todo o alumnado estivo practicando na caixa.