Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR. O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
15 dic 2011
Actividades Nadal
14 dic 2011
Visita dos Paxes Reais
Hoxe tivemos a sorte de contar coa visita dos Paxes Reais. Cantamos panxoliñas e rimos un pouco. Tamén houbo reparto de caramelos.
Esperemos que Melchor, Gaspar e Baltasar nos agasallen con todo aquelo que desexamos.
Esperemos que Melchor, Gaspar e Baltasar nos agasallen con todo aquelo que desexamos.
12 dic 2011
O Apalpador
O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.
Páxina oficial sobre O Apalpador (clica aquí)
10 dic 2011
Declaración Universal dos Dereitos Humanos
O 10 de decembro de 1948, tal día coma hoxe, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos nun total de 30 artigos.
![logo de la campaña](https://lh3.googleusercontent.com/blogger_img_proxy/AEn0k_vygOJhcpsCWUnyp-Zi-juiRZJHQedGHhkYD47VpPB6qSG4kjVmQl6QVAssxwiTO5YHo5neisAdU6dvLJMdRFcv6VwAjEjbGgjkKC7c7f49jMqpQx1jIA4HLLtdcQ=s0-d)
Dita proclamación feita como ideal común polo que todos os pobos e nacións deben esforzarse, a fin de que tanto os individuos como as institucións, inspirándose constantemente nela, promovan, mediante o ensino e a educación, o respecto a estes dereitos e liberdades, e aseguren, por medidas progresivas de carácter nacional e internacional, o seu recoñecemento e aplicación universais e efectivos, tanto entre os pobos dos Estados Membros como entre os dos territorios colocados baixo a súa xurisdición.
6 dic 2011
Cumpleanos da Constitución
Hoxe celébrase o 33 aniversario da Constitución Española, ratificada polo pobo español en referendo o 6 de decembro de 1978.
3 dic 2011
1 dic 2011
As plantas
As plantas están formadas pola raíz, o talo e as follas. A raíz encóntrase debaixo da terra. O talo medra por riba da terra e pode ser leñoso ou herbáceo. As follas están formadas polo pecíolo e o limbo. Teñen cor verde.
As plantas fabrican os seus alimentos mediante a fotosíntese. Para facelo necesitan auga, sales minerais, dióxido de carbono e luz. Ademais, cando realizan a fotosíntese producen osíxeno.
As flores, tras a polinización, dan lugar aos froitos, que conteñen as sementes.
Diagrama esquemático que amosa as partes da flor. 1: Cáliz, 2: sépalos, 3: pétalos, 4: estames, 5: pistilo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)