Mostrando entradas con la etiqueta Correspondencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Correspondencia. Mostrar todas las entradas

15 ene 2017

INTERCAMBIO DE TARXETAS CON PAÍSES DE EUROPA

Xa chegaron ás aulas de primeiro e segundo as tarxetas dos nenos e nenas dos países aos que o noso alumnado enviou antes de Nadal. O alumnado de 1º recibiunas dun colexio de GRECIA e alumnado de 2º de FRANCIA. Grazas á profe Paloma que foi a artífice desta actividade.
Primeiro-Grecia
Segundo-Francia


3 abr 2015

CORRESPONDENCIA CO CEIP ILLAS CÍES

Xusto antes das vacacións de Semana Santa recibimos correspondencia do alumnado do Illas Cíes. Para primeiro uns marcapáxinas personalizados e para segundo unhas fermosas cartas tamén personalizadas.




17 dic 2014

CALENDARIOS PARA O CEIP ILLAS CÍES

Xa están en camiño os calendarios do ano 2015 que o noso alumnado de primeiro e segundo fixo para os rapaces e rapazas do Ceip Illas Cíes.



8 jun 2014

CONVIVENCIA CO CEIP ILLAS CÍES

O luns pasado por fin o alumnado de primeiro e segundo do noso colexio e o do Ceip Illas Cíes pasou unha xonada de convivencia inesquecible.








9 abr 2014

RESPONDEMOS AO C.E.I.P. ILLAS CÍES

Seguro que lle encanta aos alumnos e alumnas de primeiro e segundo do C.E.I.P. Illas Cíes o que lles enviamos.Para primeiro uns comecocos e para segundo unhas cartas. Todos estes agasallos son individuais. 




12 feb 2014

CORRESPONDENCIA EN FEBREIRO CO CEIP ILLAS CÍES

Hai uns días chegou correspondencia procedente do Ceip Illas Cíes para o alumnado de 1º e 2º. O noso alumnado está encantado. Agora tócanos a nós responder ás súas cartas e agasallos.







19 dic 2013

CALENDARIOS PARA O CEIP ILLAS CÍES

A resposta do noso alumnado foi a realización dun calendario personificado para cada un dos alumnos de primeiro e segundo do CEIP Illas Cíes onde aparece sempre un debuxo de cada un xunto con outras ilustracións. 
Seguro que lles gustará!



11 dic 2013

CORREO DO CEIP ILLAS CÍES

Esta semana recibimos un novo correo das aulas de primeiro e segundo do Ceip Illas Cíes coas que, desde o curso pasado mantemos correspondencia. Fixeron uns preciosos murais onde ao levantar cada adorno da árbore aparece o debuxo de cada alumno e alumna e ademais nos felicitan as festas. Agora toca responder. Mandaremos proximamente os nosos traballos.