27 may 2012

FOTOS DÍA DO CINE

Aínda que pasaron algúns días, agora podedes visualizar algunha das fotografías realizadas o día que estivemos no cine.

21 may 2012

COPITO

Hoxe tivemos a oportunidade de ver a proxección da película Copito. Foi en Yelmo cines (Centro comercial Travesía de Vigo). Tamén houbo diversas actividades de animación realizadas por Barafunda S.L. nas que participou o alumnado dos diferentes centros que alí estaban. Esta foi unha actividade dinamizadora do galego ofertada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo dirixida á poboación escolar.

Copito, o único gorila branco do mundo, chega ao zoo de Barcelona. A súa cor fai que acapare todas as miradas das e dos visitantes, mais tamén provoca o rexeitamento dos seus novos compañeiros gorilas, que non o aceptan como un dos seus.
Cando Copito descobre que a famosa bruxa do Norte está de paso en Barcelona, decide ir na súa procura para que lle dea unha poción que o convirta nun gorila negro e normal.
Mais o que non sabe Copito é que fóra o espera Lua de Sac, un gafe malvado que o quere atrapar, xa que só o corazón dun gorila branco pode acabar coa súa mala sorte.
Para lle facer fronte Copito terá compaña: o panda Aliur e a pequena Paula serán quen o axuden nesta fantástica aventura.


10 may 2012

CERIMONIA ACENDIDO FACHO OLÍMPICO

Hoxe celebrouse a cerimonia do acendido do facho olímpico. A actriz Ino Menegaki, no papel de Gran Sacerdotisa de Olimpia, escoltada por dez mulleres en representación das Virxes Vestais, entregou a chama a Spyros Yanniotis. Nada impediu que Apolo acendese o lume sagrado dos Xogos Olímpicos de Londres na antigua Olimpia, sé dos primeiros xogos, para que chegue puntual á súa cita na capital británica o próximo 27 de xullo..


Menegaki, como sacerdotisa, prepara el fuego olímpico para la antorcha.         
Menegaki durante la ceremonia del encendido de la antorcha olímpica.
Entrega del fuego olímpico para la antorcha.

POESÍAS EN TERCEIRO

O alumnado de terceiro está escribindo unhas fermosas poesías relacionadas co libro de ANTÓN CORTIZAS "Vaia tropa". Tedes de mostra un precioso exemplo.


6 may 2012

O SEGUNDO CICLO CELEBRA OS MAIOS

A comunidade educativa celebrou este gran día. Aínda que debido ao mal tempo tivemos que facelo no ximnasio todo saiu estupendamente. Podedes ver algunhas fotografías do alumnado de terceiro e cuarto.

Segundo ciclo o día dos Maios - foto montaje

3 may 2012

OS MAIOS


A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio) se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3. Tiña antigamente connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo.
A celebración das festas de maio é común en moitos países de Europa, onde existen variantes similares da mesma festividade.
A festa consiste en realizar diversas representacións ao redor dunha árbore ou escultura, chamada maio. Grupos de xente cantan coplas populares (que tamén reciben a denominación de maios), ás veces dialogadas, mentres camiñan arredor da escultura, acompañados da percusión de dous paus. Era habitual pedir aos asistentes un aguinaldo que, por Lugo e Ourense, adoitaba consistir nunha presada de castañas maiolas (castañas secas), noces ou abelás, substituído hoxe por diñeiro.


Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Personalize your own picture collage