10 mar 2023

SAÍDA 9 DE MARZO

O xoves  estivemos no MARCO para gozar dun precioso percorrido sonoro e visual polas salas da exposición de Laxeiro, a cargo de profesorado da EMM Escola Municipal de Música en colaboración coa área de Didáctica do MARCO. Despois paseamos pola Rúa do Príncipe ata a Porta do Sol.

Foi sensacional!









SAÍDA DO 8 DE MARZO

 O 8 de marzo estivemos no auditorio de Afundación para asistir á representación de Nautilus. Gañadora do premio FETEN 2020 á Mellor proposta orixinal pola sua ‘sensibilización medioambiental’. Nautilus é unha versión da clásica novela de aventuras “20.000 leguas de viaje submarino” cunha lectura actual, comprometida e preocupada pola conservación dos océanos, do noso planeta.