Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

18 may 2020

UNHA NOVA SEMANA

Que tal nenos e nenas? Iniciamos unha nova semana. Onte foi o Día das Letras Galegas. 
A por estes días con moita enerxía!
Nerea
MATEMÁTICAS:Resolveremos problemas, pero además hay que escribir las preguntas (160 y 161). Por lo tanto hay que leer con detenimiento e inventar la pregunta relacionada con lo que pone cada problema y resolverlo. No te olvides de fijarte en los datos y anotarlos en las pautas para no confundirte y pon los signos de interrogación.
SOCIAIS: Imos ler algunhas características das rochas e os minerais. Non hai que aprender toda esa información, simplemente o usamos como lectura e que coñezades algunhas características de algo que é moi bonito e interesante. Xa sei que hai na aula algún e algunha afeccionada aos minerais e incluso colecciona.


Copia os cadros amarelos no caderno, pero primeiro pon de título "As rochas e os minerais". E despois escribes: As rochas están formadas por un ou máis minerais. E a continuación os cadros amarelos (Se queres poder escribir toda a páxina). Faremos as páxinas 84 e 85.
Podedes enviarme algunha foto con algún mineral que teñades e non esquezades dicirme o seu nome. Tamén me podedes explicar algunha das características que ten (a cor, se é duro, se brilla e a forma).
No vídeo tes unha explicación sobre os minerais.



L. CASTELLANA: Retrocedemos un poco en el libro y responderemos a las preguntas de la página 148 (sobre la ilustración, relativa a un programa de televisión) en el cuaderno; y el 2, 3 y 4 de la siguiente página (estos puedes hacerlos directamente en el libro). 
Para hacer el número 3 aquí tienes el texto, pero también el el aula virtual lo puedes escuchar: "Ahora en nuestro programa, damos paso a la publicidad:
1. Para jóvenes exigentes, Vampirus, la mejor pasta de dientes. Una dentadura sana por la noche, por la tarde y por la mañana. Ándate con vista y visita a tu dentista.
2. Unas pastas deciliosas, suaves, sanas y sabrosas. Ingredientes naturales para todos los paladares. Pastas La Espiga, tus grandes amigas.
3. Para pasta pasta, Pasta Animalinos. Los macarrones más finos.Tus animales favoritos de todos los colores y de todos los sabores."
Haz también el número 2 de la 159.Es muy fácil.


Anxo



Imos traballar L. GALEGA coa lectura do libro "O ladrón de soños". Hai que ler desde a páxina 9 ata a 20. Despois tes  que facer un pequeno resumo da lectura desas páxinas e escribilo no caderno de lecturas onde fixeches a ficha bibliográfica e o debuxo da portada(igual tes que facelo antes noutra parte por se te confundes). O resumo será noutra páxina distinta loxicamente. Cando acabes o resumo fas un debuxo do que escribiches (podes copialo do libro) se tes sitio debaixo e se non tes espacio na seguinte páxina.
Anxo
 

11 may 2020

SEMANA LETRAS GALEGAS

Voltamos cunha nova semana. Hai varias propostas de actividades tanto no Recanto de Mik como no Departamento de Dinamización Lingüística do colexio, para estes días, en relación ao Día das Letras Galegas.  Clicade sobre a imaxe para ampliala en busca da palabra máis fermosa do galego e consultade tamén O recanto de Mik para as propostas da Biblioteca.


En LENGUA CASTELLANA  haremos la lectura "El perro del vecino" y la actividad de "para escribir mejor" (150 y 151). La lectura mejor si la haces dos veces. A continuación las actividades de comprensión del cuento en la página 152.
MATEMÁTICAS: Toca repaso. (152 y 153). Lee el cuadro amarillo y cópialo.  En el ejercicio 4 no hay que hacer la tabla del 6. El dictado de números del final de la página será distinto. Tienes que hacer una serie cuyo primer número que vas a escribir es el 405 y el último el  450 (van de 5 en 5).
En L.GALEGA imos facer algo sinxelo que te levará só uns minutos. Os catro exercicios da páxina 149. Aínda que non hai pautas para escribir no libro, podes facelo directamente nel se queres. Para o número 1 tes aquí o texto: "O vindeiro luns celebraremos o Día do Libro no noso colexio. Haberá unha sesión de contacontos no patio cuberto ás doce e media, xusto despois do recreo. Será moi divertido!"
SOCIAIS: Imos ver as características dunha paisaxe de costa que é algo moi próximo a nós, xa que vivimos en Vigo (p. 82). Le con calma as características e copia no caderno ou nun folio o debuxo que hai nesa páxina poñendo as palabras tamén dos distintos elementos da paisaxe de costa. O vídeo axudará a que o entendas mellor. Fai o exercicio número 1 e despois os da páxina seguinte páxina.





8 may 2020

TÁBOAS MULTIPLICAR. LECTURA

Que tal nenos e nenas? Xa estamos a venres.


Ya que estuvimos con los cuerpos geométricos, en MATEMÁTICAS vas a hacer una lista de objetos o cosas que veas por casa o por la calle si sales un rato, y las anotas con el cuerpo geométrico al que corresponde. Por ejemplo la nevera podría ser un prisma. 
Vamos a trabajar la tabla del 5. Cópiala en el cuaderno, y repasa las del 1, 2, 3 y 4. Haz la página 146 (tabla del 5) y solamente el cálculo mental de la 147.
Repasa y juega con las tablas del 2, 3, 4 y 5 a través de estos enlaces:

TABLA DEL 2:       https://es.liveworksheets.com/mk28449cl
TABLA DEL 3:       https://es.liveworksheets.com/qv28447zr
TABLA DEL 4:       https://es.liveworksheets.com/ye28436nr
TABLA DEL 5:       https://es.liveworksheets.com/co28431rb
TAMBIÉN PUEDES PRACTICARLAS CLICANDO SOBRE LA IMAGEN.
https://matecitos.com/juegos-matecitos-2-primaria/tablas-multiplicar-juegos-2primaria
Calcula el siguiente problema: "Compré 5 libros iguales a 7 euros cada uno. ¿Cuántos euros me costaron en total?"

L.GALEGA: Imos facer a lectura das páxinas 150 e 151. "Os carteis misteriosos" . A lectura tes que facela con atención e como mínimo 2 veces, xa que ten unhas palabras un pouco difíciles. Tamén o exercicio 2 "melloro a miña escritura" no que faltan 2 letras. E finalmente as actividades de comprensión do conto na 152. (Non vos preocupedes se quedan exercicios da unidade anterior sen facer).
Para NATURAIS buscaremos o nome de inventos importantísimos e/ou descubrimentos realizados ao longo da historia. Era un traballo preparado para o caderno de investigación que xa tiñamos empezado coas mulleres científicas. Clica enriba. (Se non queres imprimir as 2 páxinas podes ir anotando no caderno o nome dos inventos dun xeito ordenado)

É venres e toca PLÁSTICA. Faremos un muíño de papel. Posiblemente necesites axuda. No vídeo tes a explicación. Pero podes facelo de outra maneira se queres. Anímate a decoralo como queiras, incluso pintalo antes, para non deformalo cando esté feito. Tamén podes utilizar un folio de cores se tes na casa.
 CLICADE SOBRE A CARTA DE MIK PARA AMPLIALA E LELA.




29 may 2016

TEATRO NO CONCELLO

Todo  alumnado de Educación Primaria foi partícipe  das VII xornadas municipais de teatro escolar no auditorio do Concello, e da excelente representación "O principiño" realizada polos actores e actrices do CEIP Mestres Goldar.  O alumnado de quinto e algúns de segundo e sexto fixeron unha estupenda representación teatral. Nobaoa. 
O resto de alumnos e alumnas de Primaria asistiron como espectadores. Foi incrible. 
Clica enriba do programa para ir ao Recanto de Mik

9 may 2016

MANUEL MARÍA. LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María é o autor homenaxeado este ano na data das Letras Galegas. É autor dunha chea de libros, utilizando todos os xéneros literarios: poesía, narrativa, teatro... sendo un dos poetas galegos máis musicados de todos os tempos.Clica enriba da imaxe e poderás realizar unhas interesantes actividades interactivas

8 may 2016

FOTO DE 1º E 2º

Esta estupenda fotografía é de todo o alumnado de primeiro e segundo. Dita imaxe figura na contraportada do conto realizado polas dúas clases "O OVO MÁXICO DO DINOSETO". Pronto será un best seller.

29 abr 2016

PADRIÑOS E MADRIÑAS. AFILLADOS E AFILLADAS

Ao igual que outros anos realizamos o tradicional sorteo de "apadriñamento lector". O alumnado de segundo esperaba con moita emoción quen lle tocaría da aula de cuarto.

11 abr 2016

OLI

Hoxe visitounos Oli, autor dos libros "O rato avó e o muraño" que traballou a aula de 1º, e" Leocadio, o león" que traballou a aula de 2º. Contou cousas interesantísimas sobre diferentes libros que leva escritos e sobre as dúas obras anteriores.



23 feb 2015

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 DE FEBREIRO É O DÍA ADICADO A ROSALÍA DE CASTRO. PODEDES VER UN RESUMO DA VIDA DESTA IMPORTANTÍSIMA ESCRITORA GALEGA NO SEGUINTE VÍDEO.

16 may 2014

LETRAS GALEGAS 2014

 Xosé María Díaz Castro naceu na parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz, o 19 de febreiro de 1914. A súa familia era unha familia labrega, aínda que o seu pai traballou unha tempada como escribinte. 
 Xosé María era coñecido no lugar polo nome de Pepe e, de pequeno, axudaba nos labores do campo e a coidar as vacas.
 De neno estudou nunha escola da súa aldea mandada construír polos veciños emigrados a Cuba. A escola era coñecida como « A escola da Conchada».
 De mozo foi estudar para crego no Seminario de Mondoñedo e alí comezou a escribir as súas primeiras poesías e a publicar algunhas delas no xornal «El Progreso Villalbés», de Vilalba, en Lugo.
 Despois de deixar o Seminario dedicouse a estudar varios idiomas, traballando moitos anos en Madrid como tradutor e profesor de inglés, francés e alemán.
 Publicou un libro titulado «Nimbos» cos seus poemas en galego.
 Este ano a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas pola defensa e uso que fixo do noso idioma.

13 may 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. LETRAS GALEGAS 2013

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Roberto Vidal Bolaño que realizou numerosas tareas relacionadas co teatro. Naceu e morreu en Santiago.

Podedes realizar diferentes actividades sobre as Letras Galegas recollidas do Ceip de Mallón.