Mostrando entradas con la etiqueta Curiosidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curiosidades. Mostrar todas las entradas

20 sept 2020

ANTONIO GAUDÍ

Neste inicio de curso estivemos falando do gran arquitecto Antonio Gaudí. Podes visualizar algún dos vídeos que traballamos na aula. 

Clica nas imaxes para mirar os vídeos.


 


 

 

12 jun 2020

PERSONAXES HISTÓRICOS. LECTURA E REPASO NÚMEROS

Estamos a venres e rematamos a penúltima semana. Imos co último esforzo semanal!

MATEMÁTICAS: "Repaso de números" (196 y 197). En el 1 fíjate que puede haber un 0 en las decenas o en las unidades. En el 2 es de menor a mayor los pares y de mayor a menor los impares, pero si fallaste en algún número del ejercicio 1 este no irá bien del todo. En el 3 recuerda que los ordinales se escribe todo junto en una palabra ej: decimoquinto.En el 4 va a quedar un número sin colorear. El 5 y 6 para otro día. No los hagas.

L.GALEGA: Lectura dun texto narrativo "A viaxe secreta" e cuestións sobre a comprensión do conto (186, 187 e 188). Procura facer a lectura dun xeito correcto e marcando a entoación. Aquí aparece un xefe de estación, que levaba sempre gorra, bandeira e chifre, e era quen controlaba a entrada e saída dos trens. Agora isto se realiza de xeito informático e xa é difícil ver un xefe de estación.

Hoxe toca PLÁSTICA. Imos imitar ao famoso pintor ruso Kandinsky. Podes dividir o folio en 12 partes (igual necesitades axuda) e debuxar e colorear aí cousas similares, círculos, corazóns, flores, froitas, caras, ou incluso superzings. O que queirades. Fai algo similar a estas creacións (a das figuras redondeadas é o cadro de Kandinsky). Mandade as vosas creacións.
 


SOCIAIS: Faremos as páxinas 104 e 105, onde leremos sobre os monumentos (que nos contan como se vivía e que costumes tiñan nesa época) e algúns personaxes históricos moi importantes (Cristóbal Colón, Rosalía de Castro e Ramón y Cajal), para acabar facendo outra pequena lectura sobre o descubrimento de América. Hoxe en día hai algúns alimentos que consumimos habitualmente, e que eran descoñecidos ata entón, e que viñeron de América, como o tomate, o pemento, a pataca, o millo, os cacahuetes e o cacao.
 

2 jun 2020

OS 3 ERRES. REPASO DE NÚMEROS. OS CASTROS

Estamos a martes. Con enerxía!!!
NATURAIS: "A reciclaxe" (95). Para coidar a natureza, utilizamos a regra dos 3 r: Reducir, reutilizar e reciclar. Despois faremos nas páxinas 96 e 97 só os exercicios 2, 3, 4 e 6. Tes os vídeos para comprendelo mellor.


 
MATEMÁTICAS: Repaso de números (182 y 183). Hacemos solamente del 1 al 6. El 7 y 8 para otro día.Fíjate bien en los enunciados para no confundirte ya que es fácil hacerse un lío. En el 1 vete marcando o tachando los números que vas poniendo. El 2 con los que sobran. El 3 tienen que ser pares. En el ejercicio 4 te pide las decenas que hay en cada número (400=40 D). En el 5 puedes escribir el número sobre la flecha y así te será más sencillo.

L. CASTELLANA: Actividades "Aprendo a escribir bien". (178 y 179, solamente del 1 al 5). Lee y copia primero el cuadro rosa en el cuaderno. Recuerda que se pone -z al final de la palabra si el plural acaba en -ces, pez-peces o lápiz-lápices. Recuerda también que se pone -d al final de la palabra si el plural acaba en -des, pared-paredes o mitad-mitades.
L. GALEGA: Leo e comprendo. "Os castros e os castrexos"(182). Os poboados coñecidos como castros (do latín castrum=campamento) son a manifestación máis clara da cultura castrexa. Hoxe en día, en Galicia hai uns 50 escavados arqueoloxicamente. Escribe o nome dalgún castro coñecido (podes facelo no libro despois da lectura ou despois dos exercicios).


 

21 may 2020

IMAXES QUE INFORMAN. REPASO DE NÚMEROS

Que tal nenos e nenas?
Valeria
Hoxe as actividades non te deberían levar moito tempo se o fas con ganas. Onde posiblemente máis enredes será en matemáticas. A por un bo traballo!!!!

L. GALEGA: Leo e comprendo. Páxina 158. Lectura "Imaxes que informan". Carteis e sinais que nos informan de algo e que están en moitos lugares. Despois faremos as actividades de comprensión.
MATEMÁTICAS: Repaso de números (168 y 169) (pares e impares, numeración y escritura de números, ordenar de menor a mayor, ordinales...  Son fáciles de realizar si lees los enunciados de los ejercicios con calma y piensas lo qué hacer. En el 2 los números son parecidos, pero solamente uno es correcto, por ejemplo en el primero el que hay que colorear es 650.  En el ejercicio 3, después de escribir los números, tienes debajo 3 cuestiones para hacer en la serie. El número 4 quizá sea el más complicado, además no puedes repetir cifra, fíjate bien.
Rafa
Este jueves trabajaremos en el libro de VALORES. "Hacia un mundo mejor" (66 y 67). En la lámina inicial nos fijaremos en cosas positivas y/o negativas de nuestro planeta. Después lee el cuadro rosa. En esa otra página ya nos fijaremos más en el colegio. Podéis dibujar lo que queráis y qué os gustaría que tuviese. Este trabajo te llevará poco tiempo.

Anxo

En NATURAIS traballaremos na páxina 88 sobre as fontes de enerxía, onde teremos que diferenciar as que son renovables e non contaminan como o vento, sol ou auga; e as non renovables que poden acabarse e si que contaminan como carbón, petróleo e gas. Copia os 2 cadros amarelos no caderno.

No vídeo tes unha explicación disto , pero tamén de outas cousas. Non é necesario que aprendas todo, por suposto.

 

15 may 2020

VENRES. O LADRÓN DE SOÑOS

Como estamos? Remata esta semana e creo que vai haber moi bo tempo esta tarde, o sábado e o domingo. A pasalo ben, pero con sentidiño.
MATEMÁTICAS: Vamos a hacer algo de matemáticas que es bastante entretenido. Son tablas (pero no de multiplicar). (162 y 163), sirven para clasificar la información. Ya las trabajamos alguna vez, y si te fijas bien en las cantidades o datos que aparecen y haces lo que piden en las preguntas, suelen ser fáciles. 

Imos empezar co libro "O ladrón de soños". O que hai que facer por agora é só preparar a lectura. Luns empezaremos a organizar a lectura e farémola en varias partes.
O primeiro é coller o caderno de lecturas que onte ía nos paquetes de material que foi para as casas. Temos que deixar 2 páxinas en branco despois do que teñades feito do curso pasado.
Agora na primeira pauta haberá que escribir en maiúsculas e se pode ser cunha cor ou con rotulador aínda mellor: FICHA BIBLIOGRÁFICA
Na seguinte pauta TÍTULO: e completamos co título do libro.
A continuación escribimos AUTORA: e poñemos o seu nome.
Despois noutra pauta poñendo ILUSTRADORA: e escribimos o nome da ilustradora.
Finalmente EDITORIAL: e poñemos Xerais.
Se o fas con rotuladores queda mellor presentado pero debes facelo con coidado para non equivocarte.
Cando remates a ficha bibliográfica deixa unha páxina en branco e copia o debuxo da portada (faina ben e non corras). Tamén o podes descargar clicando aquí (xa está en tamaño axeitado ao caderno), recortas e coloreas e finalmente pegas.

ATRÉVETE E XOGA COAS BANDEIRAS DE EUROPA. Seguro que algunha recoñeces. Para algún pode ser sinxelo, pero para outros algo complicado.

L. CASTELLANA: Actividad de "saber hacer" "escribir diálogos teatrales", páginas azules (156 y 157).
Primero leeremos  y reconoceremos el texto teatral que hay (para vosotros y vosotras facilísimo entenderlo, después de la  gran representación teatral de la obra "Barullo de cans, gatos e ratos" para todo el colegio y para las familias).
Después habrá que hacer el resto de los ejercicios.
Finalmente hay que escribir  el diálogo teatral en el número 4. Hay que elegir uno de los cuentos. Reescribir el texto de forma dialogada, indicando qué personaje habla en cada momento y teniendo en cuenta que hay que escribir con claridad y con corrección.  

VALORES: (64 y 65) Te llevará unos minutos nada más. A darle a la imaginación en el primer ejercicio, el segundo y el tercero. En la página amarilla solamente haz los ejercicos de marcar algo. La parte de abajo no la hagas que ya está de hace una semana.

16 abr 2020

KALANDRA TV CONTOS

Neste tempo no que hai que estar moito na casa, propoñemos a canle de Kalandraka Tv, a disposición de todos e todas, na que cada día van subindo un novo conto contado por alguén relacionado co mundo da educación e da literatura.
Animádevos a exploralo.
                        
  CONTOS EN GALEGO                                   CONTOS EN CASTELÁN

23 mar 2020

TRABALLO NA CASA

Ola!!
Xa que temos que estar algúns días máis nas casas, quero comunicarvos que podedes ir facendo a unidade número 10 dos libros de castelán e galego: a lectura, as súas actividades de comprensión, as páxinas azuis de expresión escrita...Coidado coas maiúsculas!😀😉
Tamén podedes ir avanzando no libro de matemáticas: numeración, problemas, táboa do 3 e o 4...Non esquezades facer sumas e restas!
Pero non fagades todo de golpe. Ide pouco a pouco. Cando volvamos a estar xuntos xa correxirei o que vaiades facendo.
Apertas.

18 mar 2020

PERSEGUINDO PEGADAS


Se estás pensando nun xogo e as manualidades son o teu, esta actividade é para ti!
1º- Debuxa e recorta as túas pegadas nun papel.
2º- Pega as pallas nas plantas dos pés e os paus de trinchar na cinta adhesiva.
3º- Pensa no percorrido que teñen que facer e…a xogaaaaar!!!
Podes tamén deseñar ramplas para que as pegadas baixen por elas.

25 feb 2020

MADAMAS E GALANES

O martes 18 de febreiro o alumnado de primeiro e segundo fixo unha saída ao Museo Liste para unha actividade relacionada co Entroido sobre Madamas e galanes. Fomos camiñando, e paramos para xogar e merendar no Parque de Castrelos.






9 feb 2020

ULA LÚA?

Actividade de contacontos e animación realizada no salón de actos do noso centro para 1º e 2º de Primaria.
 Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa lle deixa saír fóra, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar. Unha historia sobre o amor, a familia e a amizade, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.