Mostrando entradas con la etiqueta Plástica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Plástica. Mostrar todas las entradas

19 jun 2020

REMATE DO CURSO. VENRES

Hoxe é o último día deste curso 2019-20 que foi distinto ao de outros anos. 
En setembro volveremos a vernos, para continuar sendo a mellor clase do mundo mundial, pero xa en 3º.

Moitísimas grazas polo voso agasallo. Encantoume!!! 

Este sábado, día 20, estará de Cumple Bertrán. Parabéns!!! 

BO VERÁN E A PASALO BEN!!!

As propostas de actividades de hoxe son voluntarias, xa que é o último día. Podes facelas, non facelas, deixalas para un día de verán...

MATEMÁTICAS: Iremos a  la página 206 y haremos los tres ejercicios. En el 2 si no sabes alguna tabla puedes dejar esa parte sin hacer o consultarla por el libro. En el 1 recuerda mayor y menor, pares e impares. En el 3 haz solamente la suma y la resta. Las multiplicaciones solamente si sabes hacerlas.
L. GALEGA: Pasamos á 200 e 201 e facemos o 9, 11, 12, 13 e 14. Lembra mp, mb, br e bl. Uso de distintas letras. Vocabulario sobre xogos e xoguetes. E finalmente escribir o título do conto do libro que che gustou máis e contar algo sobre a historia de dito conto. 
Repasa o cálculo mental con este xogo.
https://vedoque.com/juegos/matematicas/dados/

PLÁSTICA: Debuxa algo que vaias facer nestas vacacións de verán (ir á praia, visitar aos avós, algunha viaxe...). 
NATURAIS: Toca a tarefa "Avances que melloran a alimentación" (108 e 109). Hai avances, descubrimentos e inventos que son moi importantes para coidar a nosa saúde, outros permiten que viaxemos máis seguros, ou que o traballo que realizamos requira menos forza.
 

12 jun 2020

PERSONAXES HISTÓRICOS. LECTURA E REPASO NÚMEROS

Estamos a venres e rematamos a penúltima semana. Imos co último esforzo semanal!

MATEMÁTICAS: "Repaso de números" (196 y 197). En el 1 fíjate que puede haber un 0 en las decenas o en las unidades. En el 2 es de menor a mayor los pares y de mayor a menor los impares, pero si fallaste en algún número del ejercicio 1 este no irá bien del todo. En el 3 recuerda que los ordinales se escribe todo junto en una palabra ej: decimoquinto.En el 4 va a quedar un número sin colorear. El 5 y 6 para otro día. No los hagas.

L.GALEGA: Lectura dun texto narrativo "A viaxe secreta" e cuestións sobre a comprensión do conto (186, 187 e 188). Procura facer a lectura dun xeito correcto e marcando a entoación. Aquí aparece un xefe de estación, que levaba sempre gorra, bandeira e chifre, e era quen controlaba a entrada e saída dos trens. Agora isto se realiza de xeito informático e xa é difícil ver un xefe de estación.

Hoxe toca PLÁSTICA. Imos imitar ao famoso pintor ruso Kandinsky. Podes dividir o folio en 12 partes (igual necesitades axuda) e debuxar e colorear aí cousas similares, círculos, corazóns, flores, froitas, caras, ou incluso superzings. O que queirades. Fai algo similar a estas creacións (a das figuras redondeadas é o cadro de Kandinsky). Mandade as vosas creacións.
 


SOCIAIS: Faremos as páxinas 104 e 105, onde leremos sobre os monumentos (que nos contan como se vivía e que costumes tiñan nesa época) e algúns personaxes históricos moi importantes (Cristóbal Colón, Rosalía de Castro e Ramón y Cajal), para acabar facendo outra pequena lectura sobre o descubrimento de América. Hoxe en día hai algúns alimentos que consumimos habitualmente, e que eran descoñecidos ata entón, e que viñeron de América, como o tomate, o pemento, a pataca, o millo, os cacahuetes e o cacao.
 

5 jun 2020

VENRES. GRÁFICOS DE BARRAS

Xa estamos a venres. Boa fin de semana!

MATEMÁTICAS: Vamos a facer en matemáticas algo que normalmente os gusta. "Los gráficos de barras". Fijaos bien en el primer gráfico para responder y completar la tabla. En el segundo ejercicio hay que observar la tabla antes para responder a las preguntas, y para poder hacer después el tercer ejercicio donde hay que dibujar el gráfico (usa 2 colores) con los datos de la tabla anterior (190 y 191).
Hoxe temos PLÁSTICA. Imos facer espantallos para poñer no xardín, nunha maceta, ou incluso decorando, con material de refugallo. Poño aquí algunhas ideas,pero vós podedes facelo como queirades. Manda algunha foto da túa creación.Toca imaxinación!!!

 





Aquí tes un xogo para ver se controlas ben o uso de G ou J. É un pouco difícil xa que é para 3º ou 4º. Pero podes intentar ir superando fases. Clica enriba da imaxe. Veña! Atrévete!
https://view.genial.ly/5c72d95e5d0e4e575e179e4d/interactive-content-g-o-j
L.GALEGA: Páxinas azuis. Saber facer. "Etiquetar obxectos dun catálogo"(180 e 181).Hai unha variedade de catálogos; pode haber de mobles, xoguetes, electrodomésticos, libros...
Neste caso temos un catálogo de obxectos antigos que hai nunha exposición. Normalmente, os obxectos que atopan os arqueólogos van parar a un museo, onde están ben conservados e non hai perigo de que os rouben, de que rompan ou de que se perdan ou deterioren por culpa das condicións atmosféricas; unha vez alí, e para que os visitantes do museo teñan información completa sobre eses obxectos, inclúense nun catálogo.O número 5 non é necesario facelo.

NATURAIS: "As máquinas". As máquinas facilitan o traballo das persoas, e cada máquina ou ferramenta ten unha función distinta.
Observar a lámina inicial (98) e facer despois a lectura. Temos unha palabra para aprender (guindastre=máquina para levantar, suxeitar e arrastrar cargas pesadas). Despois toca a 99 "Que sabemos".

29 may 2020

ATOPA A ANTONIO. LECTURA DUN CONTO

Ola. Menuda calor a destes días!
Hai que ir á praia e/ou pasear.

Propoño un reto que atopei, fíxome gracia e ademais coincide co meu nome, é para cando teñas tempo ao longo destes días. Non é necesario que o fagas hoxe.

“Antonio non aguantaba máis dentro da casa. Dicía que non quería pasar máis tempo encerrado, polo que decidiu escaparse. Agora, a policía vai tras el, xa que foi unha decisión irresponsable, pouco solidaria e ilegal.

Pero Antonio deixou, sen querer, unha serie de pistas que axudarán a descubrir a súa localización…”
Axudádeslle á policía a resolver estas catro probas mais a proba final para atopar a Antonio?
(Podedes enviarme á vez os números das 4 probas e o resultado final. A proba 3 como non se entende moi ben, xa te paso o resultado: Número 8)

Xa estamos a venres e toca PLÁSTICA. Mira os vídeos para debuxar un gato e un can dun xeito sinxelo. Podes facelos xuntos ou debuxar varios. Tamén podes facer un fondo e acabar de decorar e colorear todo. Mándame as túas creacións.


Sara
 L. CASTELLANA: Lectura de un cuento "Los patos y la tortuga". Como propósitos están una lectura fluida, su comprensión y la entonación correcta de las oraciones interrogativas y exclamativas. Después haremos las diversas cuestiones sobre la comprensión del cuento (174, 175 y 176). En el número 3 recuerda que una moraleja es una enseñanza que se saca de la historia, y en el 4 crearemos palabras añadiendo des-. También ten en cuenta que al preguntar es "Por qué...?" pero al responder es "Porque...". Fíjate para no confundirte.



Valeria
MATEMÁTICAS: Resolveremos los ejercicios 5 y 6 de la 171 (hay quien ya los hizo) y el 1, 2 (en vez de multiplicar, puedes sumar el número de las pegatinas 2 veces), 3 y 6 de la 178 y 179.

Xonxa
NATURAIS: Imos facer só a páxina 94 "O aforro de enerxía", na que aparecen diferentes formas de aforrar enerxía e que nós podemos facer facilmente nas nosas casas. É moi importante concienciarse sobre a importancia de realizar estas accións.


14 may 2020

REPASO BR E BL. PROBLEMAS MATEMÁTICAS

Que tal nenos e nenas? Xa é xoves.
MATEMÁTICAS: Vamos a hacer problemas con sumas, restas o incluso alguna multiplicación. Clica encima. Ya sabéis que puedo poner algún dato que os puede despistar. Leed con calma los enunciados y las preguntas,  y pensad detenidamente lo que hay que hacer. Fijaos bien en los datos. Enviadme las respuestas.
L. GALEGA: Imos facer un último repaso de algo xa varias veces traballado e repetido "palabras con br e bl". (154 e 155). Non debería levarte moito tempo se o fas lendo tranquilamente e fixándote ben as cuestións porque non é difícil. O ditado pódencho ditar (é necesario que o leas tres veces antes polo menos  e fixándote nas palabras difíciles para non equivocarte) ou podes copialo no caderno facéndolle un debuxo.

C. SOCIAIS: "A paisaxe de montaña". Unha vez que xa coñecemos como é unha paisaxe de costa, imos ver as características da paisaxe de montaña, que en Galicia aparece en diferentes lugares. Faremos algo similar. (80 e 81). Lede con calma (tampouco é necesario quedarse con todos os datos). Copiaremos o debuxo no caderno ou nun folio e faremos as actividades. Se queres incluso podes copiar no caderno  toda a información. Fíxate nas 3 partes da montaña (cume ou parte alta, a palabra nova "aba" que é a ladeira da montaña e o pé que é a parte baixa)

 
 Non esquezades consultar o Recanto de Mik
PLÁSTICA: Hoxe cambiamos de día para plástica. E o venres o deixamos para Valores que xa teredes o libro.
O TANGRAM é un xogo chinés que ten moitísimos anos, que consiste en formar figuras ou siluetas coas 7 pezas (5 triángulos, 1 cadrado e 1 romboide (descárgao clicando aquí). Tamén se pode copiar nun folio.
Podes pegarlle unha cartolina por detrás para que quede máis resistente, despois colorear cada peza como queiras (estas cores ou as que prefiras) e finalmente recortalas.
Agora a formar moitísimas figuras. Tes aquí algunhas. Pero se buscas por internet atoparás moitas outras diferentes. Clica sobre elas para amplialas. Anímate a facelas e manda algunha foto.

 


25 mar 2020

A MIÑA HABITACIÓN

Resultado de imagen de dormitorio de arles
Vincent Van Gogh foi un artista que, coma nós nestes momentos, pasou un tempo da súa vida sen poder saír. No seu caso, debido a unha enfermidade mental. Entre unha das súas obras máis famosas está O dormitorio en Arlés, no que pintou o lugar onde durmía. 
A proposta é que fagades un debuxo da vosa habitación e unha pequena listaxe das cousas que se atopan nela.

21 oct 2018

PINTURAS QUE DAN MEDO

Como xa estamos cerca do Samaín, todas as clases acordaron traballar cun cadro que provoque "medo". Temos aquí os escollidos para primeiro e segundo.

Aula de 1º.                     El Guernica. Pablo Picasso

Aula de 2º.             Calavera con cigarrillo. Vincent Van Gogh

17 ene 2016

MANDALAS

Os mandalas sempre nos gustan. Se clicades sobre o que temos aquí podedes acceder a moitos máis que incluso se poden imprimir.

22 oct 2014

ESTUPENDOS TRABALLOS

Menudas creacións as que fixo o noso alumnado de primeiro e segundo xunto coas súas familias!!
Luciña estará moi moi feliz.

12 may 2013

BOTES CON SAL DE CORES

Podedes contemplar unha manualidade feita polo alumnado de primeiro. Son botes de cristal que levan no seu interior sal de cores. Están quedando moi bonitos. Tede en conta que nas fotos aínda están algúns sen rematar.



15 oct 2012

ENCHÓUPATE NA LECTURA. OUTROS CARTEIS

Xa temos moitos máis carteis realizados polas familias e o alumnado do Primeiro Ciclo.
Parabéns  por traballos tan estupendos.

29 abr 2012

PAPIROFLEXIA-ORIGAMI


O origami (折り紙) é a arte de orixe xaponesa do pregado do papel (literalmente significa "Pregar" (oru, 折る) "Papel" (kami, 紙), en galego coñécese como papiroflexia ou "facer paxaros de papel".

O origami defínese como a arte educativa na cal as persoas desenvolven a súa expresión artística e intelectual. Tamén hai quen di que é a esencia que se esconde tras os dedos daqueles que pregan papeis para dar nacemento a innumerables figuras.

Partindo dunha base inicial (cadrados e rectángulos xeralmente) obtéñense figuras que poden ir dende modelos sinxelos ata pregados de gran complexidade. Os suxeitos preferidos para modelar son animais e outros elementos da natureza (flores, árbores, etc).

Podedes ver unhas creacións, finalmente decoradas, feitas polo alumnado de cuarto.