Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas

12 may 2020

CAMBIANDO BOMBILLAS. MARTES

L. CASTELLANA: "Actividades de aprendo a escribir bien". (154 y 155).Trabajaremos y repasaremos algo que ya muchas veces dijimos en clase...Se escribe b antes de r y l. El dictado te lo pueden dictar o puedes escribir directamente en el cuaderno (puedes hacer un dibujo al acabarlo). Si haces el dictado tienes que leerlo antes 3 veces y fijarte en las palabras difíciles para no equivocarte.
MATEMÁTICAS: Tocan las páginas 154 y 155. Lectura y ejercicios (en el 1 no hagas el último de todos, solamente lo haces si sabes ya la tabla del 6). Además vas a responder a las siguientes preguntas sobre el texto:
1.-  Si ponen 7 bombillas en cada bolsa, ¿cuántas pondrían en total en 4 bolsas?
2.- ¿Qué tipo de bombillas se ponen actualmente y consumen mucho menos? 
3.- ¿Te acuerdas de apagar la luz cuando sales de tu habitación?
4.- Escribe el nombre de un electrodoméstico que crees que consume mucha electricidad.
NATURAIS: Características dos materiais: Opacos ou transparentes (transparente se podemos ver a través del, coma o cristal); duros ou brandos (brando se cede ou se deforma ao facer forza sobre el, coma a plastilina); fráxiles ou resistentes (fráxil se rompe con facilidade, como un espello); flexibles ou ríxidos (flexible se pode estirarse sen romper, como unha goma do pelo); e solubles (se se disolven en auga ou outro líquido, como o azucre). (78, 79) Le e copia o título e os cadros amarelos no caderno.
GALEGO:Podes facer un xogo de adiviñar 10 animais. Clica sobre a imaxe para acceder. 
 Non esquezas de consultar O RECANTO DE MIK esta semana.

https://view.genial.ly/5e7bae5e9a293c0e3237bb07/game-granxade3

11 may 2020

SEMANA LETRAS GALEGAS

Voltamos cunha nova semana. Hai varias propostas de actividades tanto no Recanto de Mik como no Departamento de Dinamización Lingüística do colexio, para estes días, en relación ao Día das Letras Galegas.  Clicade sobre a imaxe para ampliala en busca da palabra máis fermosa do galego e consultade tamén O recanto de Mik para as propostas da Biblioteca.


En LENGUA CASTELLANA  haremos la lectura "El perro del vecino" y la actividad de "para escribir mejor" (150 y 151). La lectura mejor si la haces dos veces. A continuación las actividades de comprensión del cuento en la página 152.
MATEMÁTICAS: Toca repaso. (152 y 153). Lee el cuadro amarillo y cópialo.  En el ejercicio 4 no hay que hacer la tabla del 6. El dictado de números del final de la página será distinto. Tienes que hacer una serie cuyo primer número que vas a escribir es el 405 y el último el  450 (van de 5 en 5).
En L.GALEGA imos facer algo sinxelo que te levará só uns minutos. Os catro exercicios da páxina 149. Aínda que non hai pautas para escribir no libro, podes facelo directamente nel se queres. Para o número 1 tes aquí o texto: "O vindeiro luns celebraremos o Día do Libro no noso colexio. Haberá unha sesión de contacontos no patio cuberto ás doce e media, xusto despois do recreo. Será moi divertido!"
SOCIAIS: Imos ver as características dunha paisaxe de costa que é algo moi próximo a nós, xa que vivimos en Vigo (p. 82). Le con calma as características e copia no caderno ou nun folio o debuxo que hai nesa páxina poñendo as palabras tamén dos distintos elementos da paisaxe de costa. O vídeo axudará a que o entendas mellor. Fai o exercicio número 1 e despois os da páxina seguinte páxina.





23 abr 2020

DÍA DO LIBRO. OS ZAPATOS REVOLTOS

Ola! Hoxe hai unha proposta dunha actividade de Matemáticas creada pola mestra Isabel Fraguela Santos. En que consiste?
En primeiro lugar colleremos zapatos dos distintos membros da familia e poñerémolos nun montón. Despois emparellarémolos para poder xogar ás distintas opcións. Son as seguintes:

  1. Un membro da familia agocha algún zapato solto e o resto da familia adiviña cal é o IMPAR.
  2. Clasificar os números pares e os impares.
  3. Ordenalos de menor a maior e de maior a menor.
  4. Anotar despois os números que hai entre uns e outros.

Aquí vos deixamos un arquivo onde podedes ver algúns exemplos das diferentes opcións de xogo. A XOGAR!

9 feb 2020

ULA LÚA?

Actividade de contacontos e animación realizada no salón de actos do noso centro para 1º e 2º de Primaria.
 Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa lle deixa saír fóra, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar. Unha historia sobre o amor, a familia e a amizade, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.



28 oct 2019

REAPERTURA DA BIBLIOTECA

O pasado venres 25 foi a reapertura da biblioteca. E para celebralo contamos coa marabillosa actuación do incrible Mago Cali.

19 jun 2019

CONTO de 1º e 2º

https://issuu.com/ratomik/docs/conto_unico_1e_2_
Pásao ben co conto realizado polo alumnado de primeiro e segundo. Os textos e os debuxos son todos creados polo alumnado. Podes lelo a pantalla completa.

6 abr 2019

Esta foi a semana da poesía no noso colexio. O venres 5 tocoulle a 1 e 2º. Aquí están as fotografías deste momento emocionante.


13 mar 2019

O COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS

O día 15 virá ao noso colexio Iago López o autor do libro que estamos a traballar estes días. Este é o cartel de benvida. Agardamos a súa visita. Clica sobre a imaxe para ampliala.

11 nov 2018

REAPERTURA DA BIBLIOTECA



O día da reapertura da biblioteca tivemos a sorte de contar coa actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona. Que ben o pasamos!!!!!!




21 oct 2018

PINTURAS QUE DAN MEDO

Como xa estamos cerca do Samaín, todas as clases acordaron traballar cun cadro que provoque "medo". Temos aquí os escollidos para primeiro e segundo.

Aula de 1º.                     El Guernica. Pablo Picasso

Aula de 2º.             Calavera con cigarrillo. Vincent Van Gogh

LER VAICHE QUE NIN PINTADO

Clica sobre Mik e irás dereito ao seu Recanto, onde podes admirar grandes traballos realizados polo alumnado do colexio.
LER VAICHE QUE NIN PINTADO
http://www.blogoteca.com/orecantodemik/

4 abr 2018

VOTACIÓNS

Hoxe o alumnado de primeiro e segundo realizou a votación para escoller o título a poñer definitivamente no conto realizado conxuntamente polas dúas aulas. Presidiron a mesa electoral Irene como representante de 1º, e Noela como representante de 2º. Despois de levar o control oportuno á hora de introducir cada un e cada unha o seu voto na urna, fíxose o reconto resultando gañador o título A GUERRA CONFUNDIDA. Pronto estará a disposición das respectivas clases. Seguro que vai ser un Best Seller.
 









29 oct 2017

2 nov 2016

VISITA Á BIBLIOTECA

HAI UNS DÍAS O ALUMNADO DE 1º VISITOU A BIBLIOTECA. ALÍ COLLERON OS SEUS CARNETS VÁLIDOS PARA TODA A PRIMARIA, AS SÚAS CARPETAS, MARCAPÁXINAS...