27 dic 2018

ZAPPING

Aquí temos algunhas imaxes do alumnado de primeiro o día do festival do 21 de decembro na obra... ZAPPING!!







16 dic 2018

A GALIÑA AZUL

O alumnado de primeiro e segundo pasouno de marabilla no espectáculo "A GALIÑA AZUL" realizado por Tanxarina, no auditorio de Afundación.

 Lourenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita. Unha galiña moi bonita e moi rara. Pon ovos de cores! Ademais non di “cacaracá” coma as outras galiñas, senón que di “cocorocó”. E isto ten preocupadas as autoridades.



23 nov 2018

Clica sobre cada triángulo e irán cambiando as cores . A túa misión é conseguir un debuxo igual. É un pouco difícil, pero seguro que o logras facer.
http://www.genmagic.net/habilidades/dib4c1.swf

11 nov 2018

REAPERTURA DA BIBLIOTECA



O día da reapertura da biblioteca tivemos a sorte de contar coa actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona. Que ben o pasamos!!!!!!




21 oct 2018

PINTURAS QUE DAN MEDO

Como xa estamos cerca do Samaín, todas as clases acordaron traballar cun cadro que provoque "medo". Temos aquí os escollidos para primeiro e segundo.

Aula de 1º.                     El Guernica. Pablo Picasso

Aula de 2º.             Calavera con cigarrillo. Vincent Van Gogh

LER VAICHE QUE NIN PINTADO

Clica sobre Mik e irás dereito ao seu Recanto, onde podes admirar grandes traballos realizados polo alumnado do colexio.
LER VAICHE QUE NIN PINTADO
http://www.blogoteca.com/orecantodemik/

18 oct 2018

SAMAÍN E OUTONO

Estamos en outono e xa está próximo o Samaín.
Clica sobre a imaxe para facer unha serie  de actividades relacionadas con estas datas.
http://www.chiscos.net/f1/samain/samain.html

15 oct 2018

ALUMNADO DE 2º

Xa temos tamén as imaxes do alumnado de 2º, como medraron durante o verán!


CADROS FAMOSOS E ABANOS

Temos algunhas fotografías da interesante explicación que nos deu Cristina, nas aulas de 1º e 2º, sobre unha serie de cadros famosos, que ten nunha preciosa colección de abanos. Podedes decir cales son? Tentádeo



22 sept 2018

NOVO CURSO 2018-19

Benvidos a este novo curso 2018-19. Temos unhas imaxes do primeiro día de clase do novo alumnado en Primaria e dos seus fantásticos autorretratos.



22 abr 2018

A GUERRA CONFUNDIDA

CLICA ENRIBA DA PORTADA DO CONTO REALIZADO POLAS AULAS DE PRIMEIRO E SEGUNDO PARA PODER LER A HISTORIA COMPLETA. TODO UN BEST SELLER.
https://drive.google.com/file/d/1lI3B4rj2MJoJP0H5i7TPHL2lhc53TkO4/view

19 abr 2018

4 abr 2018

VOTACIÓNS

Hoxe o alumnado de primeiro e segundo realizou a votación para escoller o título a poñer definitivamente no conto realizado conxuntamente polas dúas aulas. Presidiron a mesa electoral Irene como representante de 1º, e Noela como representante de 2º. Despois de levar o control oportuno á hora de introducir cada un e cada unha o seu voto na urna, fíxose o reconto resultando gañador o título A GUERRA CONFUNDIDA. Pronto estará a disposición das respectivas clases. Seguro que vai ser un Best Seller.
 









30 mar 2018