O luns 27 de febreiro tivemos a honra de contar coa visita deste gran escritor. O alumnado de terceiro e cuarto participou de maneira activa, demostrando o bo traballo feito cos libros lidos. Ao final todos os exemplares foron firmados por el. A verdade é que foi unha mágoa non poder disfrutar da súa estupenda compaña por máis tempo.
Podedes ver máis fotos no Recanto de Mik
Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR. O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
29 feb 2012
25 feb 2012
Alfredo Gómez Cerdá
O luns 27 de febreiro teremos o pracer de que veña ao noso centro este gran escritor madrileño autor de dous libros lidos e traballados ao longo destes días nas aulas de terceiro e cuarto.
Podedes consultar a súa biografía no seguinte enlace Alfredo Gómez Cerdá
Podedes consultar a súa biografía no seguinte enlace Alfredo Gómez Cerdá
NUEVA EDICIÓN: Madrid, 2005, Ediciones SM (Col. El Barco de Vapor). Il. Jesús Gabán.
|
Madrid, 1990. Ed. SM. (Col. El Barco de Vapor). Il. Jesús Gabán.
|
17 feb 2012
Entroido. Tropece quen tropece
Aquí tedes algunhas fotos do impresionante espectáculo no Entroido "Tropece quen tropece" onde o alumnado do segundo ciclo participou como deportistas de ximnasia rítmica e como tenistas xogando ao voleibol. Destacar tamén a participación dos ciclistas, remeiros, soldados da Garda Real, xogadores de baloncesto, animadoras, cabezudos, xinetes, atletas...
Por certo, adiviñades quen son os cabezudos?
Queda claro despois disto que as Olimpiadas realmente naceron en Castrelos.
Por certo, adiviñades quen son os cabezudos?
Queda claro despois disto que as Olimpiadas realmente naceron en Castrelos.
15 feb 2012
San valentín
O alumnado de terceiro celebrou o Día de San Valentín escribinto cartas a persoas polas que teñen aprecio: amigos e amigas, pais, nais, curmáns, tíos...
13 feb 2012
As forzas e a enerxía
As forzas poden actuar por contacto ou a distancia, e poden ser de atracción ou de repulsión.
A forza da gravidade fai que os obxectos sexan atraídos pola Terra.
A ENERXÍA
A enerxía é a causa dos cambios que ocorren no Universo.
Algúns tipos de enerxía son a enerxía mecánica, a química, a calorífica, a eléctrica, a nuclear e a luminosa.
As persoas obtemos a enerxía das fontes de enerxía, que poden ser de dous tipos:
- Fontes de enerxía renovables. Son, entre outras, a enerxía do Sol, a do vento, a da auga en movemento e a da leña.
12 feb 2012
Entroido 2012. Ordes do Mecofacho
Orde para o luns:
"Se neste Entroido en forma queres estar,
fai moito deporte e, non esquezas,
unha gorra levar"
Orde para o martes:
"Unha medalla levarás e Olímpic@ serás"
Orde para o mércores:
"Unha camiseta traerás do deporte que ti elixirás"
Orde para o xoves:
"Coa túa imaxinación e un antifaz olímpico...
molarás mogollón"
9 feb 2012
Cidades e países Olímpicos
Aquí tedes o listado de todas as cidades onde se celebraron os Xogos Olímpicos de Verán da era moderna. Só foron interrumpidos polas Guerras Mundiais.
Londres será a primeira cidade que o faga por terceira vez.
![](https://lh3.googleusercontent.com/blogger_img_proxy/AEn0k_tTvty1kEtjapAXaW1BHAa7tP3l7XBbErKKdOlZ1oxzBDTRWdfsRitUbmtBEcVg5f3lxdUSc-GvOY5r2oMUJ9RqiuUupuUNW_ad98LBel36zGB0xEDQsbUuPQj0ngU-7PKOT7wi3OJYNhM5PzgPNEdcTedE_HjtqN8kFYs7vF-w=s0-d)
Londres será a primeira cidade que o faga por terceira vez.
Xogos Olímpicos de Verán
- 1896 - I Olimpíada - Atenas, Grecia
- 1900 - II Olimpíada - París, Francia
- 1904 - III Olimpíada - Saint Louis, Estados Unidos de América
- 1908 - IV Olimpíada - Londres, Reino Unido
- 1912 - V Olimpíada - Estocolmo, Suecia
- 1916 - VI Olimpíada - Interrupción debido á I Guerra Mundial
- 1920 - VII Olimpíada - Amberes, Bélxica
- 1924 - VIII Olimpíada - París, Francia
- 1928 - IX Olimpíada - Ámsterdam, Países Baixos
- 1932 - X Olimpíada - Os Ánxeles, Estados Unidos da América
- 1936 - XI Olimpíada - Berlín, Alemaña
- 1940 - XII Olimpíada - Interrupción debido á II Guerra Mundial
- 1944 - XIII Olimpíada - Interrupción debido á II Guerra Mundial
- 1948 - XIV Olimpíada - Londres, Reino Unido
- 1952 - XV Olimpíada - Helsinki, Finlandia
- 1956 - XVI Olimpíada - Melbourne, Australia
- 1960 - XVII Olimpíada - Roma, Italia
- 1964 - XVIII Olimpíada - Toquio, Xapón
- 1968 - XIX Olimpíada - Cidade de México, México
- 1972 - XX Olimpíada - Múnic, República Federal de Alemaña
- 1976 - XXI Olimpíada - Montreal, Canadá
- 1980 - XXII Olimpíada - Moscova, Unión Soviética
- 1984 - XXIII Olimpíada - Os Ánxeles, Estados Unidos de América
- 1988 - XXIV Olimpíada - Seúl, Corea do Sur
- 1992 - XXV Olimpíada - Barcelona, España
- 1996 - XXVI Olimpíada - Atlanta, Estados Unidos da América
- 2000 - XXVII Olimpíada - Sydney, Australia
- 2004 - XXVIII Olimpíada - Atenas, Grecia
- 2008 - XXIX Olimpíada - Pequín, China
- 2012 - XXX Olimpíada - Londres, Reino Unido
- 2016 - XXXI Olimpíada - Río de Xaneiro, Brasil
4 feb 2012
Fraseoloxía visual galega
Fraseoloxía visual está creada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. Son uns vídeos con fraseoloxía en galego que non axudan a ampliar e mellorar o noso léxico.
1 feb 2012
Camiño da lingua
Camiño da lingua é un proxecto que inclúe probas lingüísticas, culturais ou xogos onde o vínculo é a lingua galega. Trátase dunha actividade do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo dirixida á poboación escolar, neste caso o alumnado de cuarto do CEIP Mestres Goldar.
O taboleiro de xogo simula o coñecido xogo da oca pero tematizado con diferentes monumentos e lugares importantes de Vigo.
As probas abranguen anacos de refráns, trabalinguas, preguntas culturais, o dominó vigués, fotos de antes e agora de Vigo, etc.
A sesión remata cun obradoiro onde escriben a palabra lingua en diferentes idiomas e linguaxes como náutica, chinés, Braille...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)