Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR. O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
29 abr 2012
PAPIROFLEXIA-ORIGAMI
O origami (折り紙) é a arte de orixe xaponesa do pregado do papel (literalmente significa "Pregar" (oru, 折る) "Papel" (kami, 紙), en galego coñécese como papiroflexia ou "facer paxaros de papel".
O origami defínese como a arte educativa na cal as persoas desenvolven a súa expresión artística e intelectual. Tamén hai quen di que é a esencia que se esconde tras os dedos daqueles que pregan papeis para dar nacemento a innumerables figuras.
Partindo dunha base inicial (cadrados e rectángulos xeralmente) obtéñense figuras que poden ir dende modelos sinxelos ata pregados de gran complexidade. Os suxeitos preferidos para modelar son animais e outros elementos da natureza (flores, árbores, etc).
Podedes ver unhas creacións, finalmente decoradas, feitas polo alumnado de cuarto.
MARCAPÁXINAS OLÍMPICOS
Tedes aquí algúns dos estupendos marcapáxinas olímpicos realizados polo noso alumnado en colaboración coas súas familias.
Podedes ver moitos máis no Recanto de Mik
Podedes ver moitos máis no Recanto de Mik
25 abr 2012
SILVESTRE GÓMEZ XURXO
23 abr 2012
DÍA DO LIBRO
Hoxe, celebrando o DÍA DO LIBRO, realizamos esta preciosa actividade, no que os padriños e madriñas len un conto aos seus afillados e afilladas. Aínda que o tempo meteorolóxico non nos acompañou, xa que tivemos que facela no ximnasio e non ao exterior, todo o alumnado quedou encantado.
22 abr 2012
DÍA DA TERRA
Día Internacional da Terra | |
---|---|
A Bandeira da Terra. | |
Nome oficial | Día Internacional da Terra |
Significado | Concienciar sobre os retos para preservar o planeta |
Día de celebración | 22 de abril |
Celebrado desde | 22 de abril de 1970 |
Lugar de celebración | Día Internacional |
21 abr 2012
PADRIÑOS E MADRIÑAS DE 3º. AFILLADOS E AFILLADAS DE 1º
PADRIÑOS E MADRIÑAS DE 4º. AFILLADOS E AFILLADOS DE 2º
13 abr 2012
CIDADES E PAÍSES OLÍMPICOS. ACTIVIDADES
Aquí tedes unha serie de actividades e informacións relacionadas con todos os países e cidades que tiveron a gran honra de celebrar uns XOGOS OLÍMPICOS.
Pasádeo ben e disfrutade aprendendo e xogando.
Pasádeo ben e disfrutade aprendendo e xogando.
9 abr 2012
As paisaxes de Galicia
O relevo, as augas, a vexetación e a fauna son elementos das paisaxes.
O relevo de Galicia pode ser de interior e de costa. No relevo de interior hai montañas, vales e chairas. As montañas forman o Macizo Galaico e están ao leste, e entre elas hai vales. Cara ao oeste hai zonas baixas. Galicia conta cunha extensa cosata, onde destacan as rías.
Galicia está percorrrida por moitos ríos curtos e caudalosos. O río máis longo é o Miño. Outros son o Sil, o Tambre, o Ulla e o Eume. Nos ríos hai encoros.
O relevo de Galicia pode ser de interior e de costa. No relevo de interior hai montañas, vales e chairas. As montañas forman o Macizo Galaico e están ao leste, e entre elas hai vales. Cara ao oeste hai zonas baixas. Galicia conta cunha extensa cosata, onde destacan as rías.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgYPvBtqUOLa8kmv2ZZMjy2tJ6Gp67wqBH755CdD_RV9Nbf5qvi2MEn3JIuuWI3AIFAL7ViYFgeftIAu74kUp9pbvCGhZFroLLS5VdBSz4IWi0wq0LC82G5G1T8M9iWgmuAYLJbDp1xnaM/s320/galiciaf.jpg)
Galicia ten clima atlántico, con temperaturas suaves e moitas precipitacións. A vexetación de Galicia é moi variada e abundante, con bosques e pradarías.
7 abr 2012
Día Mundial da Saúde
Hoxe, 7 de abril, conmemórase o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE. En todos os rincóns do noso planeta centos de eventos conmemoran a importancia da saúde para unha vida produtiva e feliz.
O tema deste ano é o envellecemento e a saúde e o lema "A boa saúde engade vida aos anos".
O tema deste ano é o envellecemento e a saúde e o lema "A boa saúde engade vida aos anos".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)