Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR. O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
28 may 2012
INCRIBLE AVENTURA EN LONDRES
Aquí podedes ver, ler e disfrutar co conto elaborado e ilustrado polo alumnado do segundo ciclo (terceiro e cuarto).
27 may 2012
FOTOS DÍA DO CINE
Aínda que pasaron algúns días, agora podedes visualizar algunha das fotografías realizadas o día que estivemos no cine.
21 may 2012
COPITO
Hoxe tivemos a oportunidade de ver a proxección da película Copito. Foi en Yelmo cines (Centro comercial Travesía de Vigo). Tamén houbo diversas actividades de animación realizadas por Barafunda S.L. nas que participou o alumnado dos diferentes centros que alí estaban. Esta foi unha actividade dinamizadora do galego ofertada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo dirixida á poboación escolar.
Copito, o único gorila branco do mundo, chega ao zoo de Barcelona. A súa cor fai que acapare todas as miradas das e dos visitantes, mais tamén provoca o rexeitamento dos seus novos compañeiros gorilas, que non o aceptan como un dos seus.
Cando Copito descobre que a famosa bruxa do Norte está de paso en Barcelona, decide ir na súa procura para que lle dea unha poción que o convirta nun gorila negro e normal.
Mais o que non sabe Copito é que fóra o espera Lua de Sac, un gafe malvado que o quere atrapar, xa que só o corazón dun gorila branco pode acabar coa súa mala sorte.
Para lle facer fronte Copito terá compaña: o panda Aliur e a pequena Paula serán quen o axuden nesta fantástica aventura.

13 may 2012
10 may 2012
CERIMONIA ACENDIDO FACHO OLÍMPICO
Hoxe celebrouse a cerimonia do acendido do facho olímpico. A actriz Ino Menegaki, no papel de Gran Sacerdotisa de Olimpia, escoltada por dez mulleres en representación das Virxes Vestais, entregou a chama a Spyros Yanniotis. Nada impediu que Apolo acendese o lume sagrado dos Xogos Olímpicos de Londres na antigua Olimpia, sé dos primeiros xogos, para que chegue puntual á súa cita na capital británica o próximo 27 de xullo..
POESÍAS EN TERCEIRO
O alumnado de terceiro está escribindo unhas fermosas poesías relacionadas co libro de ANTÓN CORTIZAS "Vaia tropa". Tedes de mostra un precioso exemplo.
6 may 2012
O SEGUNDO CICLO CELEBRA OS MAIOS
A comunidade educativa celebrou este gran día. Aínda que debido ao mal tempo tivemos que facelo no ximnasio todo saiu estupendamente. Podedes ver algunhas fotografías do alumnado de terceiro e cuarto.
Segundo ciclo o día dos Maios - foto montaje
3 may 2012
OS MAIOS
A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio) se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3. Tiña antigamente connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo.
A celebración das festas de maio é común en moitos países de Europa, onde existen variantes similares da mesma festividade.
A festa consiste en realizar diversas representacións ao redor dunha árbore ou escultura, chamada maio. Grupos de xente cantan coplas populares (que tamén reciben a denominación de maios), ás veces dialogadas, mentres camiñan arredor da escultura, acompañados da percusión de dous paus. Era habitual pedir aos asistentes un aguinaldo que, por Lugo e Ourense, adoitaba consistir nunha presada de castañas maiolas (castañas secas), noces ou abelás, substituído hoxe por diñeiro.
Personalize your own picture collage |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)