Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR. O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
25 jun 2012
18 jun 2012
MEDALLAS E DIPLOMAS
Hoxe, 18 de xuño, celebrouse o acto de entrega das medallas e diplomas aos escritores e lectores olímpicos. Por suposto o alumnado de terceiro e cuarto tamén tivo os seus gañadores e os seus participantes. Tedes máis información no blog da nosa biblioteca.
Os medallistas foron Aixa, Anxo, Mario, Saray, María F., Andrea C., Ana e Adriana R.
Os medallistas foron Aixa, Anxo, Mario, Saray, María F., Andrea C., Ana e Adriana R.
5 jun 2012
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
O
Día Mundial do Medio Ambiente (World Environment Day) é un evento anual
que se leva a cabo o 5 de Xuño. Foi establecido pola Asemblea Xeral de
Nacións Unidas do 15 de decembro de 1972.
O
Día Mundial do Medio Ambiente é un dos principais vehículos que as Nacións
Unidas utilizan para fomentar a sensibilización mundial sobre o Medio
Ambiente
implicando
ás persoas nos temas ambientais, motivándoas para que se convirtan en axentes activos do
desenvolvemento sostible e equitativo, promovendo o papel
fundamental das comunidades no cambio de actitude hacia estes
temas e fomentando a cooperación, que garantirá que todas as nacións e persoas
disfruten dun futuro máis próspero e seguro.
3 jun 2012
OLIMPÍADAS NO MESTRES GOLDAR
O pasado 1 de xuño celebráronse as Olimpíadas no Ceip Mestres Goldar, cun gran éxito e total participación do alumnado do centro. Para máis información preme Recanto de Mik
2 jun 2012
CARROS DE FUEGO (Chariots of fire)
Gozade todos e todas deste impresionante vídeo de Vangelis gravado en directo na Acrópolis de Atenas (Templo de Zeus),que como sabedes foi a música escollida para a exposición das cidades e países olímpicos do segundo ciclo.
A película conseguiu catro Oscars en 1982, por suposto un deles foi esta incrible banda sonora.
A película conseguiu catro Oscars en 1982, por suposto un deles foi esta incrible banda sonora.
1 jun 2012
CIDADES E PAÍSES OLÍMPICOS
Onte foi o día que os expertos e expertas, vestidos de gregos e gregas, do segundo ciclo, deron a coñecer toda a súa sabiduría sobre as cidades e países olímpicos. A pesar dos nervios, a exposición do traballo resultou de marabilla, e foi un estupendo final ao gran traballo de colaboración e investigación realizado.
Podedes atopar máis información no Recanto de Mik e na páxina web do colexio.
Noraboa! Podedes atopar máis información no Recanto de Mik e na páxina web do colexio.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)