Os bosques galegos esconden un gran tesouro, un tesouro ligado á natureza, á tradición, a Galicia... é un ouro doce, o Mel de Galicia.
Unha representante do Consello Regulador do I.X.P. Mel de Galicia fixo unha visita moi interesante ao Primeiro Ciclo.
Primeiro, unha explicación e mostra de obxectos relacionados co mel, e a continuación, todos e todas a probala.
O mel é un produto natural e fresco que se produce de forma artesanal
desde fai centos de anos. Os colmenares galegos caracterízanse por ser
pequenos e por estar coidados con esmero polo apicultor. Estes coidados e
atencións no proceso de elaboración permiten ao mel conservar as súas
propiedades xenuínas nas diferentes variantes elaboradas e amparadas
pola Indicación Xeográfica Protexida: meles multiflorais, meles
monoflorais de eucalipto, meles monoflorais de castiñeiro, meles
monoflorais de zarza, meles monoflorais de brezo.