Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR. O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
30 mar 2015
RECITAL POÉTICO
Tedes aquí o vídeo do recital poético realizado polo alumnado de Primeiro na aula de Terceiro, no que recitaron poesías en galego e en castelán. Moitas grazas aos nenos e nenas das dúas aulas.
22 mar 2015
VISITOUNOS VICENTE MUÑOZ PUELLES
Este importante escritor, que recibiu xa diversos premios, autor de "Óscar y el león de Correos" y La gata que aprendió a escribir", visitounos o pasado xoves comentándonos aspectos sobre os seus libros moi interesantes.
20 mar 2015
A ECLIPSE DE SOL
Esta mañá tivemos ocasión de presenciar unha eclipse de sol, no que a Lúa chegou a cubrir máis dun 70% do disco solar.
8 mar 2015
HIPATIA DE ALEXANDRÍA
Co motivo do Día Internacional da Muller, o alumnado de Primeiro investigou sobre HIPATIA DE ALEXANDRÍA, considerada en moitos casos, a primeira muller adicada á ciencia.
Hipatia naceu no ano 370 en Alexandría (Exipto), lugar coñecido na historia polo seu Faro e a súa Biblioteca. Foi a primeira muller en realizar unha contribución substancial ao desenvolvemento das matemáticas. Tamén realizou importantes traballos en astronomía, física e filosofía ata que foi asasinada no 415 na súa cidade debido á estupidez e á irracionalidade dos ataques relixiosos.
INVESTIGANDO SOBRE HIPATIA
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgLpEmryNIMzs0klcTPmwoqxmimMKkLT6-gszmt7cQsDdTHOknRj2WHpdszhBBIyZNns9Q_nDqaGgYHt2kaZVmUdQ6B1V9W_r8kI0bL_pcfPWdDldBPbF0JsW-X1mT44IA8rhtWfysIOdA/s1600/Las-10-mujeres-cient%C3%ADficas-m%C3%A1s-importantes-de-la-historia-1.jpg)
INVESTIGANDO SOBRE HIPATIA
1 mar 2015
SINXELO XOGO VISUAL
PARA REALIZAR UN XOGO DIVERTIDO E SINXELO. ALGO DISTINTO DOS HABITUAIS. PASA O RATO SOBRE OS CÍRCULOS E CADA VEZ TERÁS MÁIS. MULTIPLÍCANSE.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)