O 22 tivemos unha gran sorpresa. Chegou o Apalpador, e como é tradición, apalpou as barrigas da rapazada e deixou un agasallo.
Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR. O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
23 dic 2021
ACTIVIDADE NO PATIO
Chegou o Nadal e no patio houbo unha actividade moi entretida amenizada por Troula. Pasárono estupendamente.
CHEGOU O NADAL
Tedes aquí algunhas das tarxetas de Nadal que fixo o alumnado, as árbores que fixemos cos materiais que había na biblioteca seguindo o Calendario de Advento, e finalmente unha mostra das merendas de Nadal do día 21.
16 dic 2021
11 dic 2021
O APALPADOR
Hoxe é o aniversario de Rafa. Parabéns!!
Clica sobre o Apalpador para ver un vídeo sobre a súa historia.
4 dic 2021
28 nov 2021
OS CLIMAS DE ESPAÑA
25 nov 2021
25 DE NOVEMBRO
Hoxe día 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e no colexio fixemos diversas actividades como a realización dun vídeo da canción "La puerta violeta" coas camisetas proporcionadas pola ANPA.
Tamén desde a biblioteca estivemos participando na realización conxunta dun mural sobre un cabaliño de mar, que como sabedes é algo curioso, xa que é o macho o que expulsa as crías ao exterior despois de incubar os ovos.
24 nov 2021
14 nov 2021
12 nov 2021
8 nov 2021
1 nov 2021
SAMAÍN
Un venres de medo! Impresionantes disfraces e maquillaxes, túnel do terror, merendas terroríficas...
Reapertura biblioteca
O xoves tocoulle á nosa aula unha actividade relacionada co DODO, un animal que desapareceu xa hai uns anos, dentro da organización da reapertura da biblioteca.
Onte, 31 de outubro, foi o aniversario de Xoel. Parabéns!!
17 oct 2021
15 oct 2021
3 oct 2021
28 sept 2021
FOTO DE TODO O ALUMNADO DE 4º
E hoxe que está todo o alumnado da clase de 4º xa temos foto de grupo. Onte foi tamén o aniversario de Nerea. Parabéns!!!
27 sept 2021
CADEA DE FAVORES
En valores estivemos falando da cadea de favores, se cada quen fai un favor a 3 persoas, e estas 3 fan a outras 3, e así sucesivamente...
Clica sobre a imaxe para ver un interesante vídeo.