Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR. O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
29 mar 2022
25 mar 2022
ABELLAS
Parabéns por este gran día!!
23 mar 2022
FOTO DO 21 DE MARZO
Esta é a fotografía que o alumnado estaba desexando facer. Primeiro día no que a mascarilla non é obrigatoria no patio. Ademais coincide que empeza Camila este día e Lucas leva só uns días. Benvidos á aula de 4º de Primaria!!!
21 mar 2022
20 mar 2022
A libélula
Nunha nova e interesantísima conferencia, Valeria explicou cousas moi curiosas das libélulas. Este insecto de grandes ollos, que come outros pequenos insectos, que vive en zonas acuáticas e que na gran maioría da súa vida está na fase de ninfa.
Parabéns por un gran traballo!!!
14 mar 2022
Os gorilas e o drago
As conferencias máis recentes son as de Ian, que nos falou dos gorilas, os grandes primates herbívoros que viven en África, e a de Xonxa que fixo a súa exposición sobre un arbusto moi curioso, o drago, que se atopa nas Illas Canarias e é símbolo da Illa de Tenerife.
Parabéns por uns estupendos traballos e exposicións!!
13 mar 2022
9 mar 2022
NOVAS CONFERENCIAS
Esta semana tivemos novas conferencias sobre animais en perigo.
Pablo falounos sobre o OSO PARDO (este gran mamífero plantígrado que vive en zonas de Europa, Asia e Norteamérica). E Xián sobre o MONO NARIGUDO (un curioso animal herbívoro da illa de Borneo cun gran nariz).
Parabéns polas vosas fantásticas exposicións!!
3 mar 2022
O LINCE IBÉRICO
Uns días antes do Entroido Iria fixo unha gran conferencia sobre O LINCE IBÉRICO, un mamímero carnívoro especialista na caza de coellos, que vive na Península Ibérica, e que pouco a pouco se está recuperando.
Parabéns por un excelente traballo!!