Sergio foi o segundo en facer a súa conferencia. Estupenda exposición!
Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR. O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
28 mar 2024
MÚSICA NO CONCELLO
O 21 fixemos unha saída didáctica ao Auditorio do Concello de Vigo para asistir a un concerto realizado polo profesorado da Escola tradicional de Música de Vigo (ETRAD).
Ademais todo o alumnado foi partícipe de dita actividade e houbo incluso quen estivo no escenario tamén.
PRIMEIROS AUXILIOS
O mércores 20 tivemos unha interesantísima charla e actividade práctica relacionada cos primeiros auxilios, impartida por 2 doutoras e 1 doutor.
18 mar 2024
DÍA DA MULLER
Polo DÍA DA MULLER realizamos diversas actividades relacionadas con deportistas galegas. Pasámolo xenial.
TEATRO
O 27 de febreiro estivemos no auditorio de Afundación para asistir á obra de teatro HUGO. Aborda o trastorno do espectro autista na infancia desde a empatía, a sensibilidade, falando da diversidade, de convivencia e da beleza e importancia de ser diferentes.
A primeira conferencia
Izan foi o primeiro en realizar unha conferencia. O deporte escollido por el foi o BÉISBOL. A pesar dos nervios iniciais fíxoo xenial.
CONCLUSIÓNS DIA DA PAZ
Clica sobre sobre a frase anterior e irás ao vídeo onde están as conclusión ás que chegou gran parte do alumnado.