29 abr 2012

PAPIROFLEXIA-ORIGAMI


O origami (折り紙) é a arte de orixe xaponesa do pregado do papel (literalmente significa "Pregar" (oru, 折る) "Papel" (kami, 紙), en galego coñécese como papiroflexia ou "facer paxaros de papel".

O origami defínese como a arte educativa na cal as persoas desenvolven a súa expresión artística e intelectual. Tamén hai quen di que é a esencia que se esconde tras os dedos daqueles que pregan papeis para dar nacemento a innumerables figuras.

Partindo dunha base inicial (cadrados e rectángulos xeralmente) obtéñense figuras que poden ir dende modelos sinxelos ata pregados de gran complexidade. Os suxeitos preferidos para modelar son animais e outros elementos da natureza (flores, árbores, etc).

Podedes ver unhas creacións, finalmente decoradas, feitas polo alumnado de cuarto.


MARCAPÁXINAS OLÍMPICOS

Tedes aquí algúns dos estupendos marcapáxinas olímpicos realizados polo noso alumnado en colaboración coas súas familias.


Podedes ver moitos máis no Recanto de Mik

25 abr 2012

SILVESTRE GÓMEZ XURXO

Os alumnos e alumnas de cuarto tivemos a honra de contar con Silvestre Gómez Xurxo, autor do libro TI NON XOGAS! que estivemos lendo e traballando recentemente.
Falounos de diversas cuestións, contestou a numerosas preguntas e finalmente asinou os exemplares do alumnado.
Moitas grazas Silvestre.

Click to play this Smilebox presentación

23 abr 2012

DÍA DO LIBRO


Hoxe, celebrando o DÍA DO LIBRO, realizamos esta preciosa actividade, no que os padriños e madriñas len un conto aos seus afillados e afilladas. Aínda que o tempo meteorolóxico non nos acompañou, xa que tivemos que facela no ximnasio e non ao exterior, todo o alumnado quedou encantado.



22 abr 2012

DÍA DA TERRA

Día Internacional da Terra
Earth flag PD.jpg
A Bandeira da Terra.
Nome oficialDía Internacional da Terra
SignificadoConcienciar sobre os retos para preservar o planeta
Día de celebración22 de abril
Celebrado desde22 de abril de 1970
Lugar de celebraciónDía Internacional
O Día da Terra é un día celebrado en moitos países o 22 de abril. O seu promotor, o senador estadounidense Gaylord Nelson, instaurou este día para crear unha conciencia común aos problemas da superpoblación, a producción de contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer a Terra.

21 abr 2012

PADRIÑOS E MADRIÑAS DE 3º. AFILLADOS E AFILLADAS DE 1º

Este venres os padriños e madriñas lectores de 3º foron á aula de 1º para saber quen sería o neno ou nena que lle correspondería despois de ir sorteando as tarxetas. Seguro que esta experiencia literaria cos seus afillados e afilladas será moi positiva e entrañable.

Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox

PADRIÑOS E MADRIÑAS DE 4º. AFILLADOS E AFILLADOS DE 2º

O xoves día 19 sorteáronse os padriños e madriñas lectores(alumnado de 4º) e afillados e afilladas (alumnado de 2º) na aula destes últimos. Unha gran emoción acompañou o acto. Estamos seguros de que os libros escollidos serán do gusto de todos e todas.
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox

13 abr 2012

CIDADES E PAÍSES OLÍMPICOS. ACTIVIDADES

Aquí tedes unha serie de actividades e informacións relacionadas con todos os países e cidades que tiveron a gran honra de celebrar uns XOGOS OLÍMPICOS.
Pasádeo ben e disfrutade aprendendo e xogando.


9 abr 2012

As paisaxes de Galicia

O relevo, as augas, a vexetación e a fauna son elementos das paisaxes.

O relevo de Galicia pode ser de interior e de costa. No relevo de interior hai montañas, vales e chairas. As montañas forman o Macizo Galaico e están ao leste, e entre elas hai vales. Cara ao oeste hai zonas baixas. Galicia conta cunha extensa cosata, onde destacan as rías.

Galicia está percorrrida por moitos ríos curtos e caudalosos. O río máis longo é o Miño. Outros son o Sil, o Tambre, o Ulla e o Eume. Nos ríos hai encoros.

Galicia ten clima atlántico, con temperaturas suaves e moitas precipitacións. A vexetación de Galicia é moi variada e abundante, con bosques e pradarías.

7 abr 2012

Día Mundial da Saúde

Hoxe, 7 de abril, conmemórase o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE. En todos os rincóns do noso planeta centos de eventos conmemoran a importancia da saúde para unha vida produtiva e feliz.
O tema deste ano é o envellecemento e a saúde e o lema "A boa saúde engade vida aos anos".

26 mar 2012

18 mar 2012

Algunhas investigacións feitas en cuarto

Ao longo do curso o alumnado de cuarto fixo algunhas indagacións (planetas, Grecia, ecosistema, Cabárceno, quenllas...). Tedes aquí unhas fotos nas que podedes ver a estes investigadores.

Lembrade que tamén podedes consultar outras entradas anteriores relacionadas con isto.

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Presentación created with Smilebox

Gravación DVD

Toda a clase de terceiro, e algunhas alumnas de cuarto e tamén de primeiro e segundo, foron protagonistas da gravación dun DVD o pasado día 7 de marzo.


17 mar 2012

A división

Un vídeo sobre o inicio á división.
Podedes repasar as divisións por unha ou varias cifras no apartadado de "Queres xogar?"


16 mar 2012

O territorio de España e Galicia

O territorio de España

Está organizado en 17 Comunidades Autónomas e as Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.

Cada Comunidade Autónoma ten un territorio, unha capital, un goberno, uns símbolos, unha historia, uns costumes e unhas tradicións. O seu territorio pode organizarse nunha ou en varias provincias.


Galicia

File:Flag of Galicia.svg
A nosa Comunidade Autónoma está situada no noroeste da Península Ibérica. A súa capital é Santiago de Compostela. Ten catro provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. O seu territorio está dividido en comarcas e municipios. 

8 mar 2012

Caderno de Investigación do Segundo Ciclo

Este é o caderno de Investigación para o alumnado de terceiro e cuarto (en concreto só dunha cidade e país europeo). Pronto os teredes tamén en papel para empezar coas vosas pescudas sobre as cidades e os países olímpicos.

4 mar 2012

Carteis Olímpicos


Temos aquí todos os Carteis Oficiais correspondentes ás Olimpíadas celebradas na Era Moderna dende Atenas 1896.
Serán de utilidade para o traballo de investigación do segundo Ciclo.

Hai que resaltar varias curiosidades:
. Londres será a primeira sé que celebre os Xogos Olímpicos por terceira vez e será a que faga o número XXX.
. Celebráronse en 22 cidades diferentes de 18 países.
. U.S.A. é o país que leva celebradas máis Olimpíadas (4), en tres cidades.
. Alemaña e Australia celebraron dúas, pero en cidades distintas.
. Xa repetiron: Londres, París, Os Ánxeles e Atenas.
. Non se chegaron a celebrar tres Olimpíadas debido ás Guerras Mundiais.



                        


  






3 mar 2012

Arte con plastilina

O alumnado de terceiro e cuarto  realizou algunhas "artistadas" con plastilina. aquí tedes uns exemplos.
A plastilina ou plasticina é un material de plástico, de cores variadas, composto de sales de calcio, vaselina e outros compostos alifáticos, principalmente ácido esteárico. Tamén a hai feita a base de trigo.
Úsase normalmente para xogar, logrando estimular a creatividade, a capacidade de observación e as destrezas manuais como a motricidade fina. Pero tamén é empregada por algúns artistas plásticos, ademais ten un lugar destacado na animación. É desestresante para nenos hiperactivos e incluso empregada cos aqueles que teñen problemas cerebrais.


Aínda que a plastilina non é cara, nunca está de máis saber como podes facer un tipo dela en casa. Claro, nunca será como a que topas na papelería; pero igual  permitirá crear unha pasta para elaborar diferentes figuras

•4 tazas de fariña
•2 tazas de sal
•1 litro de auga
•Sobres de colorante artificial (os necesarios)