24 feb 2014

CERTAME GASTRONÓMICO DE ENTROIDO

Hoxe o alumnado de primeiro e segundo trouxo unha gran cantidade de postres feitos con diferentes receitas típicas do Entroido: filloas, orellas, flores, buñuelos, leite fritida...
Estaba todo riquísimo, e ademais despois de merendar e degustar tan exquisitos pratos aínda quedaba para quegran parte do resto do alumnado do centro pasase a tomar algo destas marabillas gastronómicas.

MOITAS GRAZAS AO ALUMNADO DE PRIMEIRO E SEGUNDO E ÁS SÚAS FAMILIAS POLA EXTRAORDINARIA COLABORACIÓN



23 feb 2014

OS MERDEIROS CHEGAN A SEGUNDO

Os Merdeiros son uns personaxe do Entroido da nosa cidade. Estiveron "asustándonos" na nosa aula, aínda que non o conseguiron moito despois da sorpresa inicial, xa que os nenos e nenas de segundo rapidamente descubriron que era o alumnado de sexto. Pasámolo  moi ben grazas a eles.





12 feb 2014

CORRESPONDENCIA EN FEBREIRO CO CEIP ILLAS CÍES

Hai uns días chegou correspondencia procedente do Ceip Illas Cíes para o alumnado de 1º e 2º. O noso alumnado está encantado. Agora tócanos a nós responder ás súas cartas e agasallos.







2 feb 2014

30 ene 2014

DÍA DA PAZ. PRIMEIRO CICLO

Temos algunhas mostras dos traballos realizados neste Día da Paz polo alumnado de primeiro e segundo.








DÍA DA PAZ. NELSON MANDELA


NELSON ROLIHLAHLA MANDELA

O 5 de decembro de 2013 morría Nelson Mandela, o primeiro presidente negro dunha Suráfrica libre do rexime racista do Apartheid. Mandela foi un loitador dende a súa xuventude que reclamou a igualdade de dereitos para todas e todos os surafricanos, independentemente da cor da súa pel. 
Pagou un alto prezo, 27 anos no cárcere, moitos deles no penal de Robben Island, pero non se dobregou e finalmente o goberno racista de Pretoria tivo que ceder e, tras liberalo, convocar eleccións libres que Mandela, á fronte do Congreso Nacional Africano, gañou.
Deste xeito convertíuse no presidente que había rematar co sistema do Apartheid, dotando a Suráfrica dun sistema igualitario onde a cor da pel non significase diferencia de dereitos.


23 ene 2014

ANIMAIS EXTRAÑOS: ORNITORRINCO E EQUIDNA

Tedes aquí un pequeno, pero moi interesante vídeo sobre algúns animais moi moi raros dos que xa se falou na clase.


17 ene 2014

XOGA E APRENDE COS ANIMAIS

Para repasar todo o que sabedes sobre os animais podedes facer as actividades do seguinte xogo. Pode ser tamén a pantalla completa.




EL CUENTO DE LOS CUENTOS

Un conto que combina animacións e distintas imaxes para motivar ao alumnado hacia o placer pola lectura e os seus beneficios. Clica enriba e poderás ir ao vídeo.

http://primerodecarlos.com/junio/cuento_de_los_cuentos/cuento.html

19 dic 2013

NADAL NO PRIMEIRO CICLO

Realizáronse algunhas actividades relacionadas co Nadal no noso ciclo para decorar os corredores. Aquí tedes algún exemplo delas.







CALENDARIOS PARA O CEIP ILLAS CÍES

A resposta do noso alumnado foi a realización dun calendario personificado para cada un dos alumnos de primeiro e segundo do CEIP Illas Cíes onde aparece sempre un debuxo de cada un xunto con outras ilustracións. 
Seguro que lles gustará!



11 dic 2013

CORREO DO CEIP ILLAS CÍES

Esta semana recibimos un novo correo das aulas de primeiro e segundo do Ceip Illas Cíes coas que, desde o curso pasado mantemos correspondencia. Fixeron uns preciosos murais onde ao levantar cada adorno da árbore aparece o debuxo de cada alumno e alumna e ademais nos felicitan as festas. Agora toca responder. Mandaremos proximamente os nosos traballos.



1 dic 2013

TIPOS DE ALIMENTOS

Neste curso no que estamos co proxecto documental da alimentación, tedes un vídeo moi sinxelo para o alumnado de primeiro e segundo sobre os tipos de alimentos.


18 nov 2013

GASTRONOMÍA CON CASTAÑAS

Hoxe poidemos degustar uns saborosos pratos realizados polas familias do Primeiro Ciclo xunto cos seus fillos e fillas. O ingrediente que non podía faltar era a estrela do magosto, a castaña. Despois de elaborar unhas interesantísimas receitas hai uns días, era o momento de levalas á práctica. TODO UN ÉXITO.
O alumnado de Primaria das outras aulas visitou a exposición e tamén probou algo dos riquísimos postres. Pero quen comeu a base de ben foi o alumnado de primeiro e segundo. Estaba todo riquísimo. Podedes velo a pantalla completa e con música, para iso pasade o rato por abaixo e clicade.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.


14 nov 2013

O SISTEMA SOLAR

Xa que estamos traballando o Universo cos seus planetas, satélites, estrelas, etc.
Tedes debaixo un vídeo que vos vai levar de viaxe polo Sistema Solar e clicando na imaxe de arriba poderás ir a un xogo para identificar os planetas.

4 nov 2013

O ESQUELETO E AS ARTICULACIÓNS

Podes repasar os nomes dos ósos e as articulacións con este xogo. Ademais tamén aprenderás outras novas palabras.
Clica enriba do esqueleto para xogar.

3 nov 2013

MAGOSTO 2013

O martes 29 de outubro celebramos o magosto no noso colexio. Os distintos ciclos participaron en diferentes actividades como xogos e bailes para finalmente pasar a comer as castañas. Pasámolo moi ben e ademais acompañounos un bo día. Se premes na imaxe de arriba poderás ver moitas máis fotos deste día e se o fas nas castañas irás ao Recanto de Mik.