25 feb 2015

NO DÍA DE ROSALÍA

Este martes no día de Rosalía o alumnado de primeiro e segundo realizou diversas actividades relacionadas con esta importantísima escritora galega. Unha destas actividades foi a o marcapáxinas co poema "Adiós ríos, adiós fontes".




23 feb 2015

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 DE FEBREIRO É O DÍA ADICADO A ROSALÍA DE CASTRO. PODEDES VER UN RESUMO DA VIDA DESTA IMPORTANTÍSIMA ESCRITORA GALEGA NO SEGUINTE VÍDEO.

22 feb 2015

CONTOS PARA TRABALLAR OS SINFÓNS

Clica enriba da imaxe e poderás ir a un importante número de lecturas ilustradas. Algunhas tamén teñen actividades de comprensión lectora.

12 feb 2015

A Piques do entroido

Só quedan unhas horas para o festival. O alumnado de primeiro e segundo cos seus lentes de diseño xa está desexando que chegue o venres.

9 feb 2015

CHEGA O ENTROIDO

Aquí tedes ao alumnado de primeiro e segundo coas súas saias hawaianas. O día grande está próximo. Estamos quentando motores.






1 feb 2015

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ.Durante a semana fixemos diversas actividades como un marcapáxinas que lle enviamos aos nosos compañeiros e compañeiras de primeiro e segundo do Ceip Illas Cíes, un medallóns que levamos o día do acto principal no ximnasio cando bailamos o "O xogo da Carrasquiña"e uns murais moi bonitos que están a carón das portas das nosas aulas.










25 ene 2015

17 dic 2014

CALENDARIOS PARA O CEIP ILLAS CÍES

Xa están en camiño os calendarios do ano 2015 que o noso alumnado de primeiro e segundo fixo para os rapaces e rapazas do Ceip Illas Cíes.



6 dic 2014

CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE

O alumnado de segundo participou no programa  "Camiña con nós pola igualdade" que se levou a cabo na biblioteca do noso colexio.


23 nov 2014

LECTURITAS

CLICA ENRIBA DA IMAXE E PODERÁS COMPROBAR A TÚA COMPRENSIÓN LECTORA CUNHAS SINXELAS LECTURIÑAS.

17 nov 2014

MAGOSTO 2014

Por fin acompañou o tempo e conseguimos facer o magosto. Despois de realizar diversos xogos tomamos as saborosas castañas asadas. Tedes moitas máis fotografías en https://picasaweb.google.com/bibliotics3/MAGOSTO1415_1_2