Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR. O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
11 abr 2016
OLI
Hoxe visitounos Oli, autor dos libros "O rato avó e o muraño" que traballou a aula de 1º, e" Leocadio, o león" que traballou a aula de 2º. Contou cousas interesantísimas sobre diferentes libros que leva escritos e sobre as dúas obras anteriores.
3 abr 2016
29 mar 2016
28 mar 2016
18 mar 2016
AULA DE 1º NO ALCAMPO DE COIA
E o día 16 foi o alumnado de primeiro o que realizou esta estupenda visita ao Alcampo. Realmente, unha xornada xenial.
16 mar 2016
VISITA DA AULA DE 2º AO ALCAMPO DE COIA
O 15 de marzo estivemos de visita no Alcampo de Coia. Despois de pasar por distintas seccións e departamentos do hipermercado como a peixería ou alimentos non perecederos, tocou "vestirnos" para ir a unha parte que a xente non coñece. Estivemos nos almacéns onde reciclan, onde fan o pan ou onde cortan a carne. E ao final tamén nos deron unha merenda e un agasallo.
13 mar 2016
8 mar 2016
CADERNO DE INVESTIGACIÓN
Estamos a traballar sobre a nosa cidade no Caderno de Investigación de 1º e 2º.
V I G O
Clica enriba do seu nome e poderás acceder ao caderno a toda cor.
V I G O
Clica enriba do seu nome e poderás acceder ao caderno a toda cor.
24 feb 2016
22 feb 2016
RECICLAXE. O CAMIÓN DO LIXO
Un capítulo de Sogama Planeta Verde sobre o camión do lixo onde se lembra onde vai cada tipo de residuo e os distintos colectores.
.
.
21 feb 2016
14 feb 2016
CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE
Camiña con nós pola Igualdade é un programa educativo elaborado e implementado dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, dirixido ao alumnado de Educación Infantil e 2º,4º e 6º de Primaria.
A finalidade do programa é fomentar a educación na cultura de igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.


A finalidade do programa é fomentar a educación na cultura de igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.


7 feb 2016
31 ene 2016
ENTROIDO. OS MERDEIROS
Andiveron polo colexio facendo trasnadas os Merdeiros, que son uns personaxes típicos do Entroido de Vigo. Vestirse de Merdeiro era tradicion nos mariñeiros da ribeira viguesa. Foi unha figura que apareceu como consecuencia da rivalidade entre mariñeiros e labregos.
27 ene 2016
DÍA D PAZ. PRAZA DAS APERTAS
Este ano no día da Paz vai haber moitas apertas no noso colexio. Tomamos como referencia a PRAZA DAS APERTAS deseñada por Antón Pulido que se atopa no cruce de Peniche, no cruce de Pi y Margal, López Mora e Tomás Alonso e que se convertiu nun excelente punto de encontro para os veciños e veciñas da zona.
25 ene 2016
17 ene 2016
MANDALAS
Os mandalas sempre nos gustan. Se clicades sobre o que temos aquí podedes acceder a moitos máis que incluso se poden imprimir.
4 ene 2016
CALENDARIOS 2016
Estes son os calendarios personalizados que o alumnado de primeiro e segundo fixo para as súas familias.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
























