29 abr 2016

PADRIÑOS E MADRIÑAS. AFILLADOS E AFILLADAS

Ao igual que outros anos realizamos o tradicional sorteo de "apadriñamento lector". O alumnado de segundo esperaba con moita emoción quen lle tocaría da aula de cuarto.

28 abr 2016

CERVANTES ACTIVIDADES

Aquí tedes algunhas mostras das actividades relacionadas con Cervantes e Don Quixote. Puzzles, escritura cervantina, investigación e información, e tamén unha exposición de distintos volumes de Don Quixote prestados por alumnado e profesorado.



21 abr 2016

DON QUIJOTE DE LA MANCHA

Tremendo recurso sobre Don Quixote onde podedes acceder a diferentes actividades sobre esta obra extraordinaria escrita por Miguel de Cervantes.

19 abr 2016

VIGO RECICLA

O alumnado de segundo, terceiro e cuarto participou hoxe na actividade de "Vigo Recicla" na que se traballou a correcta separación dos distintos residuos e materiais en diferentes colectores para a conservación e protección do medio ambiente, ademais de tocar o tema da limpeza no seu contorno, animando con consellos e agasallos a mantelo limpo.

17 abr 2016

O INCRIBE NENO COMELIBROS

Cortametraxe que se basa na obra do escritor Oliver Jeffers.
Unha historia sinxela que explica a pasión pola lectura e os beneficios do hábito lector.

11 abr 2016

OLI

Hoxe visitounos Oli, autor dos libros "O rato avó e o muraño" que traballou a aula de 1º, e" Leocadio, o león" que traballou a aula de 2º. Contou cousas interesantísimas sobre diferentes libros que leva escritos e sobre as dúas obras anteriores.



18 mar 2016

16 mar 2016

VISITA DA AULA DE 2º AO ALCAMPO DE COIA

O 15 de marzo estivemos de visita no Alcampo de Coia. Despois de pasar por distintas seccións e departamentos do hipermercado como a peixería ou alimentos non perecederos, tocou "vestirnos" para ir a unha parte que a xente non coñece. Estivemos nos almacéns onde reciclan, onde fan o pan ou onde cortan a carne. E ao final tamén nos deron unha merenda e un agasallo.


8 mar 2016

CADERNO DE INVESTIGACIÓN

Estamos a traballar sobre a nosa cidade no Caderno de Investigación de 1º e 2º.

V  I  G  O


Clica enriba do seu nome e poderás acceder ao caderno a toda cor.

22 feb 2016

RECICLAXE. O CAMIÓN DO LIXO

Un capítulo de Sogama Planeta Verde sobre o camión do lixo onde se lembra onde vai cada tipo de residuo e os distintos colectores.
.

14 feb 2016

CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE

Camiña con nós pola Igualdade é un programa educativo elaborado e implementado dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, dirixido ao alumnado de Educación Infantil e 2º,4º e 6º de Primaria.
A finalidade do programa é fomentar a educación na cultura de igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.







31 ene 2016

ENTROIDO. OS MERDEIROS

Andiveron polo colexio facendo trasnadas os Merdeiros, que son uns personaxes típicos do Entroido de Vigo. Vestirse de Merdeiro era tradicion nos mariñeiros da ribeira viguesa. Foi unha figura que apareceu como consecuencia da rivalidade entre mariñeiros e labregos.