Busca todos os debuxos iguais e completa nos cadros correspondentes. Clica enriba de nova actividade.
Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR. O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
5 ene 2018
NUMBER PYRAMID
Nas sumas falta un sumando. Fíxate ben no resultado e completa as sumas para entrar na pirámide. Tes varios niveis.
9 dic 2017
PRIMEIROS AUXILIOS
Recibimos unha charla moi animada e práctica por parte de Jorge, compañeiro de traballo da nai de Luis, aprendimos cousas moi interesantes sobre que facer en diversas situacións.
3 dic 2017
O VILÁN ONOMATOPEICO
O xoves 30 houbo teatro no colexio, O VILÁN ONOMATOPEICO (NINGUÉN É PERFECTO MEU). Que ben o pasamos!
27 nov 2017
IGUALDADE
Camiña con nós pola Igualdade é un programa educativo elaborado e
implementado dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo,
dirixido ao alumnado de Educación Infantil e 2º,4º e 6º de Primaria.
A súa finalidade é fomentar a educación na cultura de igualdade
de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para
promover a coeducación e previr a violencia de xénero.
26 nov 2017
EXPOSICIÓN PAXAROS
O mércores visitamos unha exposición de paxaros. Encantounos. había unha gran cantidade de exemplares de todas as cores. Tratábase do I Concurso Ornitolóxico Sociedades do Noroeste.
12 nov 2017
MAGOSTO
O mércores 8 fixemos o magosto. O tempo acompañou. Despois de ir pasando polos diferentes xogos (comecastañas, buxaina, castaña con culler, carreira de sacos...), todos a comer castañas! Non quedou nin a primeira. Pasámolo estupendamente.
29 oct 2017
PELICULETRAS. REAPERTURA DA BIBLIOTECA
TEMOS O PRACER DE PRESENTAR AO ESTUPENDO E MARABILLOSO ALUMNADO DE PRIMEIRO E DE SEGUNDO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
28 oct 2017
OUTONO NO CEIP MESTRES GOLDAR
12 oct 2017
28 sept 2017
27 sept 2017
COLOREA E DEBUXA
Clica enriba para poder facer este xogo de debuxar e colorear. Podes escoller cores, diferentes debuxos, grosor de trazo...
BENVIDOS AO NOVO CURSO 2017-18
Xa estamos nun novo curso. O alumnado de primeiro xa está en segundo e ademais chegou unha nova compañeira.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











































