Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR.
O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
Fixemos unha visita moi interesante a Naturnova, para realizar a actividade "Do Universo á Terra, un planeta con vida" Que fai a Terra tan especial? Como clasificamos os seres deste planeta vivo? Como podemos coidala? Hai que completar as 3 probas para converterse en súper especialistas do noso planeta.
Descubre onde hai que deixar cada envase. Os Bolechas por medio dun concurso ensinan aos nenos e nenas a separar os residuos para un posterior reciclado.
Pásao ben co conto realizado polo alumnado de primeiro e segundo. Os textos e os debuxos son todos creados polo alumnado. Podes lelo a pantalla completa.
O día 15 virá ao noso colexio Iago López o autor do libro que estamos a traballar estes días. Este é o cartel de benvida. Agardamos a súa visita. Clica sobre a imaxe para ampliala.