14 abr 2020

EMPEZA O 3º TRIMESTRE

Que tal nenos e nenas? Nestes días tan peculiares nos que hai que quedar na casa toca empezar a 3ª avaliación. Estas son as propostas para hoxe (lembrade que son propostas, non é necesario facer todo, xa que sei que estades repasando, lendo, facendo cálculo...):
. Pódese imprimir ou ler directamente na pantalla e facer as repostas nun folio ou caderno. 
 
Lengua  Castellana: Fai primeiro a lectura e despois as actividades de comprensión.

Matemáticas: Propoño hoxe uns problemas. Pensade moi ben no que hai que facer. (As respostas aos problemas as podedes enviar por correo).
1. En la granja de Manuel hay 307 gallinas,  248 patos y 167 pavos. ¿Cuántos animales hay en total en su granja?
2. En la granja de Suso hay 495 gallinas, 356 cerdos y 228 pavos. ¿Cuántas aves hay en total?
3. Si Suso tiene 495 gallinas y Manuel 307. ¿Cuántas gallinas tiene Suso más que Manuel?
4. Si Suso que tiene 356 cerdos, vende 184. ¿Cuántos le quedan?


Sociais. Clica sobre a imaxe para actividades de repaso e sobre a palabra sociais para ler algo de información que xa coñecedes.
https://drive.google.com/open?id=1-urEoWUUpVlwjXzdBKxVf12I6mFiCbaD



6 abr 2020

XA ESTAMOS DE VACACIÓNS

Boas vacacións a todos e todas!
Se podedes, enviádeme algunha foto do que ides facendo nestes días, na que saiades vós, para poñela no Curruncho. Lembrade o correo: anaigo@hotmail.com









3 abr 2020

UTILIZAMOS AS PLANTAS

Hoxe en naturais imos ler sobre a utilización das plantas (2 veces polo menos a lectura). Clica sobre a imaxe para a lectura.
https://drive.google.com/open?id=1-awSuoo4x37AYJwwUcqIvU1bhCxSNR-I

COMO FACER UN BARQUIÑO DE PAPEL.



Como é venres e toca plástica, imos facer barquiños de papel. Segue os pasos e faino con calma. Despois podedes colorealo como queirades ou incluso probalo.
Consultade a páxina web do colexio para poder acceder ás actividades das distintas especialidades.

EXPERIMENTOS PARA ESTES DÍAS

Realiza experimentos nestes días que hai que quedar na casa (con axuda dun adulto algúns). Clica sobre a imaxe do científico e a científica.
https://drive.google.com/file/d/1rigHSgWSqIvUigh3Lxhp5DIwzRBsHC2S/view

2 abr 2020

REPASANDO

Que tal nenos e nenas? A través de algúns correos comprobo que xa tedes todo rematado. Polo tanto envío unha proposta de repaso de matemáticas e lengua castellana. Podedes descargala en word e responder directamente co teclado a maioría dos exercicios. Tamén o podedes facer nos cadernos ou folios, claro. Son propostas de exercicios para estes días, así que se alguén non rematou co anterior que non empece aínda isto (non é necesario facer todo).

A AUGA. COIDEMOS O NOSO PLANETA.

Hoxe toca sociais. Clica sobre a palabra sociais para traballar sobre a auga na natureza e a súa importancia. Lembrade que non é necesario imprimir. Primeiro lede con calma e despois podedes facer as respostas no caderno de clase, ou incluso podedes no caderno do escritor ou escritora para facer os exercicios, ou nun folio.

1 abr 2020

TIPOS DE PLANTAS

Hoxe imos traballar naturais ademais do que estades a facer. Clica sobre a palabra naturais. Non é necesario que imprimas, podes ler as explicacións e realizar os exercicios no caderno ou nun folio.

30 mar 2020

O PEIXIÑO DE PRATA

Propoño un reto voluntario entre hoxe, mañá e o mércores. Fai a lectura "O PEIXIÑO DE PRATA" (o tedes en pdf ou word para escribir directamente descargándoo) e responde ás cuestións (igual necesitades algo de axuda co significado dalgunha palabra). Podes mandarme as respostas por email: anaigo@hotmail.com

Repasar as horas

Vídeo para repasar as horas: en punto, e cuarto, e media e menos cuarto.

27 mar 2020

AVISO

Que tal nenos e nenas? Non vaiades a pensar que desaparecen algunhas cousas que se van publicando, o que pasa é que ao poñer entradas novas as outras van movéndose. Podedes ir a elas desprazándoos para abaixo e clicando en entradas antiguas ou na parte da dereita en arquivo ou etiquetas. 
Lembrade tamén que podedes ir realizando o que queda dos libros do 2º trimestre que tedes na casa: lingua, castelán e matemáticas para que queden rematados cando chegue o 3 de abril.
Apertas!

A FOTOSÍNTE. Como se alimentan as plantas?

26 mar 2020

MATEMÁTICAS 2º

Realiza sumas, restas, problemas, numeración... Podes descargarlo ou facer os exercicios nun folio. Clica sobre os números.
http://www.dylar.es/uploads/libros/211/docs/MATEMATICAS%20BASICAS%205%20-%20DYLAR.pdf

25 mar 2020

CONSTRÚE AS FRASES e APRENDE XOGANDO

http://www.genmagic.net/lengua4/lleng4c.swfXOGAR E ARENDER Á VEZ. FENOMENAL!

A MIÑA HABITACIÓN

Resultado de imagen de dormitorio de arles
Vincent Van Gogh foi un artista que, coma nós nestes momentos, pasou un tempo da súa vida sen poder saír. No seu caso, debido a unha enfermidade mental. Entre unha das súas obras máis famosas está O dormitorio en Arlés, no que pintou o lugar onde durmía. 
A proposta é que fagades un debuxo da vosa habitación e unha pequena listaxe das cousas que se atopan nela.