Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR. O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
16 ene 2022
RÍOS DE ESPAÑA
ANIVERSARIO
Este venres 14, estivo de aniversario Anxo. O 3º alumno da clase que fai 10 anos no pouco que levamos do 2022. Parabéns!!!
13 ene 2022
4 ene 2022
23 dic 2021
E CHEGOU O APALPADOR
O 22 tivemos unha gran sorpresa. Chegou o Apalpador, e como é tradición, apalpou as barrigas da rapazada e deixou un agasallo.
ACTIVIDADE NO PATIO
Chegou o Nadal e no patio houbo unha actividade moi entretida amenizada por Troula. Pasárono estupendamente.
CHEGOU O NADAL
Tedes aquí algunhas das tarxetas de Nadal que fixo o alumnado, as árbores que fixemos cos materiais que había na biblioteca seguindo o Calendario de Advento, e finalmente unha mostra das merendas de Nadal do día 21.
16 dic 2021
11 dic 2021
O APALPADOR
Hoxe é o aniversario de Rafa. Parabéns!!
Clica sobre o Apalpador para ver un vídeo sobre a súa historia.
4 dic 2021
28 nov 2021
OS CLIMAS DE ESPAÑA
25 nov 2021
25 DE NOVEMBRO
Hoxe día 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e no colexio fixemos diversas actividades como a realización dun vídeo da canción "La puerta violeta" coas camisetas proporcionadas pola ANPA.
Tamén desde a biblioteca estivemos participando na realización conxunta dun mural sobre un cabaliño de mar, que como sabedes é algo curioso, xa que é o macho o que expulsa as crías ao exterior despois de incubar os ovos.

















