19 ene 2022

Goofy practica atletismo

Xa que estivemos falando sobre o atletismo, aquí vos deixo un divertido vídeo protagonizado por Goofy explicando diversas probas

2ª CONFERENCIA


Esta vez tocoulle a Rafa, que nos explicou cousas moi interesantes sobre outro animal en perigo, O OURIZO, un pequeno animal mamífero que ten o seu corpo cuberto de púas.


Parabéns por un gran e interesante traballo!


18 ene 2022

CONFERENCIA

Hoxe Eleni fixo unha gran exposición sobre "O AJOLOTE", un curioso anfibio en perigo de extinción e orixinario de México.

Parabéns por un traballo moi ben feito!

16 ene 2022

El artículo

RÍOS DE ESPAÑA

Xoga e repasa os principais ríos de España. Ten en conta que o xogo está en castelán e algún non é necesario sabelo xa que non coincide cos que traballamos na aula.


 




ANIVERSARIO

Este venres 14, estivo de aniversario Anxo. O 3º alumno da clase que fai 10 anos no pouco que levamos do 2022. Parabéns!!!

4 ene 2022

ANIVERSARIOS NO NOVO ANO

Hoxe cumpre 10 anos Ian e o vindeiro domingo día 9 tócalle a Íker. Parabéns aos dous!!





23 dic 2021

E CHEGOU O APALPADOR

O 22 tivemos unha gran sorpresa. Chegou o Apalpador, e como é tradición, apalpou as barrigas da rapazada e deixou un agasallo.






ACTIVIDADE NO PATIO

 Chegou o Nadal e no patio houbo unha actividade moi entretida amenizada por Troula. Pasárono estupendamente.






CHEGOU O NADAL

 Tedes aquí algunhas das tarxetas de Nadal que fixo o alumnado, as árbores que fixemos cos materiais que había na biblioteca seguindo o Calendario de Advento, e finalmente unha mostra das merendas de Nadal do día 21.





11 dic 2021

O APALPADOR

 Hoxe é o aniversario de Rafa. Parabéns!!


Clica sobre o Apalpador para ver un vídeo sobre a súa historia.